InicioSANTIAGOAMESO amesán Raúl Rodríguez logra o bronce no Campionato Galego Cadete de...

O amesán Raúl Rodríguez logra o bronce no Campionato Galego Cadete de Karate

O deportista da Escola Dokkodo destacou no Kumite <57 kg e xa prepara a súa participación en torneos nacionais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pavillón Municipal de Esteiro, en Ferrol, foi escenario o pasado 11 de outubro do Campionato Galego Cadete de Karate, celebrado de forma conxunta co Campionato Júnior e Sub-21 II Copa Máster. Entre os participantes estivo o deportista da Escola de Karate Dokkodo, Raúl Rodríguez, que conseguiu subir ao podio tras acadar a medalla de bronce na modalidade de Kumite <57 kg.

O karateka do club amesán realizou unha competición moi completa, na que amosou unha notable evolución técnica e táctica, especialmente no control do combate e na toma de decisións. Despois de caer en semifinais nun enfrontamento moi igualado, Rodríguez impúxose con claridade no combate polo terceiro posto, garantindo así un novo éxito para o Dokkodo.

Tras este resultado, o deportista xa centra o seu adestramento nas vindeiras citas a nivel nacional, entre as que destaca o Campionato Princesa de Asturias, que se celebrará esta mesma fin de semana. O club destacou o esforzo e a constancia de Raúl Rodríguez, que continúa consolidándose como unha das promesas galegas do karate cadete.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here