InicioPOLÍTICAO PP pide a Goretti Sanmartín que condene as declaracións de Montse...

O PP pide a Goretti Sanmartín que condene as declaracións de Montse Prado sobre María Corina Machado

Olaya Otero reclama á alcaldesa que se desmarque das palabras da deputada nacionalista, que cualificou de “fascista” á Nobel da Paz

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, instou este mércores á alcaldesa Goretti Sanmartín a manifestarse publicamente contra as palabras da deputada do BNG, Montse Prado, quen se referiu á recente premio Nobel da Paz, María Corina Machado, como “fascista”.

Segundo declarou Otero, “dende o PP de Santiago condenamos rotundamente este tipo de comportamentos, impropios de quen forma parte dunha institución que debe ser exemplo de respecto e convivencia democrática”. A edil popular cualificou as declaracións da parlamentaria nacionalista como “unha gravísima falta de respecto cara a unha muller que loita pola liberdade e a democracia real no seu país e que pon en risco a súa seguridade persoal”.

A representante popular cuestionou tamén a postura do grupo municipal do BNG e pediu coñecer “cal é a opinión do Bloque en Santiago e se á alcaldesa lle parece normal o comportamento da súa compañeira no Parlamento”. Para Otero, o recoñecemento internacional a María Corina Machado “é unha excelente noticia non só para Venezuela, senón para calquera persoa que se considere demócrata”.

A concelleira asegurou que o acontecido “é de extrema gravidade” e lamentou que “non sexa a primeira vez que o BNG recorre a descalificacións e faltas de respecto cando algo non é do seu agrado”. Finalmente, preguntou se Goretti Sanmartín “vai estar á altura do seu cargo e condenar estas palabras, ou optará por gardar silencio cómplice ante o sectarismo e a intolerancia”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here