InicioMOV. SOCIAISOlalla Rodil participará nun acto feminista en Santiago para debater sobre a...

Olalla Rodil participará nun acto feminista en Santiago para debater sobre a transformación dos espazos políticos

A deputada do BNG intervirá este xoves na Casa Xohana Torres dentro das actividades organizadas polo Grupo de Acción Feminista de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada nacionalista Olalla Rodil será a protagonista do acto ‘Construír e comunicar un nosoutras: falar, loitar, transformar’, organizado polo Grupo de Acción Feminista do BNG de Compostela, que se celebrará este xoves 16 de outubro ás 19:00 na Casa Xohana Torres.

A sesión, enmarcada no programa de actividades impulsadas polas mulleres do BNG en Santiago, centrará o debate na transformación dos espazos sociais e políticos en espazos feministas. Rodil abordará tamén o chamado síndrome da impostora, unha realidade que, segundo explicou, continúa a afectar moitas mulleres que “sinten que ocupan lugares que non lles corresponden ou para os que non teñen capacidades abondas”.

A coordinadora do Grupo de Acción Feminista, Concha de la Fuente, destacou que esta actividade busca fomentar a reflexión e o diálogo sobre o papel das mulleres na sociedade actual. “Olalla Rodil é unha voz esencial para analizar a urxencia de máis feminismo e o avance do machismo nos últimos tempos, así como para defender dereitos básicos como o dereito ao aborto, que volve ser cuestionado”, sinalou.

Olalla Rodil, natural de Ribeira de Piquín (Lugo), é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e máster en Estudos Internacionais pola USC. Activista no movemento feminista galego, forma parte da Executiva e do Consello Nacional do BNG e exerce como deputada no Parlamento de Galicia desde o ano 2016.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here