InicioECONOMÍAA Cámara de Comercio de Santiago reclama en Bruxelas a creación dunha...

A Cámara de Comercio de Santiago reclama en Bruxelas a creación dunha macrorregión atlántica e a supresión da peaxe da AP-9

A entidade participou no foro Archam xunto con representantes de cámaras de Portugal, España e Francia, onde se debateron propostas comúns para impulsar o desenvolvemento do Arco Atlántico.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela reclamou esta semana en Bruxelas a creación dunha “nova macrorregión atlántica” dentro da Unión Europea e reiterou a súa demanda para que se suprima a peaxe da AP-9, considerada unha infraestrutura esencial para a conexión territorial e económica de Galicia co resto da fachada atlántica.

As peticións foron formuladas no marco do foro da alianza das Cámaras de Comercio do Arco Atlántico (Archam), un encontro que reúne a representantes empresariais de Portugal, España e Francia para debater estratexias de cooperación e cohesión entre os territorios que compoñen o espazo atlántico europeo.

A primeira xornada do foro tivo lugar este luns na delegación da Presidencia da Comisión do Arco Atlántico, onde se analizaron os proxectos en curso e se aprobaron as conclusións e acordos que orientarán o desenvolvemento da iniciativa. Entre eles, destaca a aposta pola creación dunha macrorregión que permita reforzar o peso político e económico da fachada atlántica fronte a outras áreas europeas.

Na segunda xornada, celebrada este martes na sede do Parlamento Europeo, as cámaras participantes puxeron en común unha visión integrada do desenvolvemento do Arco Atlántico, concibida como un paso decisivo cara á consolidación da macrorregión. A Cámara compostelá subliñou a importancia de mellorar as conexións viarias e portuarias, así como de eliminar barreiras como a peaxe da AP-9, para garantir un crecemento sostido e equilibrado da zona.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...