InicioSOCIEDADEe-SoundWay, unha ferramenta desenvolvida pola USC para aprender pronuncia e fonética inglesa...

e-SoundWay, unha ferramenta desenvolvida pola USC para aprender pronuncia e fonética inglesa a través do Camiño

e-SoundWay permite profundar, ao longo de 34 etapas con retos ou pequenos xogos en lugares, datos históricos, lendas do Camiño, ou peregrinos de distintas épocas que contribúen a que o usuario se familiarice con diversos acentos do inglés

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago (USC) desenvolveu unha ferramenta educativa, chamada e-SoundWay, para aprender a pronuncia e a fonética inglesa a través da experiencia do Camiño de Santiago. Tal e como trasladou a institución nunha nota de prensa, o proxecto, no que participa a profesora da USC María de los Ángeles Gómez González nace ao redor da Ruta Xacobea, concibido “como un espazo simbólico e cultural que combina tradición e innovación”.

Nesta liña, permite profundar, ao longo de 34 etapas con retos ou pequenos xogos en lugares, datos históricos, lendas do Camiño, ou peregrinos de distintas épocas que contribúen a que o usuario se familiarice con diversos acentos do inglés. Tamén, inclúe un manual trilingüe, un laboratorio multimedia en liña e un código QR con acceso a dúas versións do xogo: The Route e FreeRoaming.

Ademais, a aplicación incorpora a participación de peregrinos e especialistas contemporáneos como Antón Pombo, Laurie Dennett, Kate Long, Rebekah Scott ou Noel Braun, e a inclusión de figuras históricas vinculadas á tradición xacobea, entre elas John Rutherford, George Borrow, Annette Meaking e Margery Kempe.

Esta iniciativa é froito de dous proxectos de investigación financiados pola Axencia Estatal de Investigación, e desenvolvido pola USC e a Universidade de Vigo (UVigo), en colaboración con institucións e entidades como University College London, Luar na Lubre, Resonet, ARASAAC (Centro Aragonés para a Comunicación Aumentativa e Alternativa) ou Fresh Caricatures, entre outras.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...