InicioSANTIAGOBRIÓNA Xunta somete a información pública a modificación do proxecto do parque...

A Xunta somete a información pública a modificación do proxecto do parque eólico ‘Olerón’ entre Rois e Brión

O proxecto de Norvento reduce de oito a seis os aeroxeradores e contará cun investimento de 18,5 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia abriu o período de información pública para a solicitude de declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación da modificación do proxecto do parque eólico ‘Olerón’, situado entre os concellos coruñeses de Rois e Brión.

Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), os cambios afectan a un centenar de propietarios dos terreos incluídos no ámbito do proxecto, promovido pola empresa Norvento. A principal variación consiste na reducción de oito a seis aeroxeradores, o que implica unha potencia total instalada de 27 megawatts, con 4,5 megawatts por unidade, e unha potencia evacuable de 24 megawatts.

O investimento previsto ascende a 18,5 millóns de euros, e o prazo estimado para a execución das obras é de oito meses, segundo a documentación publicada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Esta fase de exposición pública permitirá a presentación de alegacións por parte dos titulares afectados e da cidadanía en xeral, antes de que o proxecto poida obter a súa declaración definitiva de utilidade pública, requisito previo á execución das obras e á ocupación dos terreos necesarios para a súa construción.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...