InicioPOLÍTICARaxoi prepara unha nova solicitude tras recibir o seu recurso para declarar...

Raxoi prepara unha nova solicitude tras recibir o seu recurso para declarar a cidade zona tensionada o ‘non’ da Xunta

O Executivo galego deu por desistida a solicitude do Concello de Santiago ao considerar que non deu "resposta válida" ao requirimento de emendar e completar a documentación

Publicado o

Xornal de Compostela

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas desestimou o recurso presentado polo Concello de Santiago para ser declarado zona de aluguer tensionada –mecanismo da lei estatal de vivenda que permitiría limitar prezos do aluguer–. Así, fontes de Raxoi consultadas por Europa Press confirmaron que recibiron a resposta do Executivo autonómico e actualmente están a preparar a documentación co obxectivo de presentar unha nova solicitude e iniciar de novo o procedemento.

Todo iso, despois de que en agosto o Executivo galego dese por desistida a solicitude do Concello de Santiago ao considerar que non deu “resposta válida” ao requirimento de emendar e completar a documentación. Nese momento, Raxoi avanzou a presentación dun recurso de reposición, que agora foi rexeitado, para proseguir a tramitación e que se tivese en conta a solicitude. Así as cousas, a principios de setembro o Concello de Santiago mantivo unha reunión con técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e avanzou que adaptaría a memoria xustificativa e o proxecto de plan de medidas correctoras para “axustala ás esixencias” IGVS e eliminar os datos non oficiais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...