InicioECONOMÍAA lavandaría industrial do grupo ONCE amplíase: 7,5 millóns de quilos de...

A lavandaría industrial do grupo ONCE amplíase: 7,5 millóns de quilos de roupa ao ano e case 200 empregados

Ilunion prevé abrir o seu primeiro hotel en Galicia e Rueda traslada o apoio da Xunta á iniciativa.

Publicado o

Xornal de Compostela

A lavandaría industrial Ilunion, do grupo social ONCE, situada no compostelán Polígono do Tambre, celebrou este venres un acto de “reinauguración” ao ampliar o seu centro, que ten capacidade para xestionar uns 7,5 millóns de quilos de roupa ao ano (neste 2024 serán ao redor de 6,5 millóns de quilos) e conta con 198 traballadores, o 90 por cento deles con discapacidade. Todo iso cun investimento global de 12 millóns de euros desde a súa posta en marcha en 2009.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu a este acto acompañado dos conselleiros de Política Social, Fabiola García, e de Emprego, José González, ademais do presidente do ONCE, Miguel Carballeda, e o conselleiro delegado de Ilunion, Alejandro Oñoro, entre outros. Este centro está dividido en dúas factorías, unha inaugurada en 2009 e outra de recente creación.

Entre outros, dedícase á limpeza de roupa e sabas de hospitais públicos, residencias de maiores e hoteis, así como de uniformes de diferentes profesionais, como os do 061. O director do centro de Ilunion en Santiago, Rafael Pichel, foi o encargado de realizar a visita polas instalacións, que abarcan máis de 5.000 metros cadrados e a súa ampliación supuxo a creación 30 postos de traballo para persoas con discapacidade.

UNIFORMES DE MÁIS DE 20.000 TRABALLADORES

En concreto, este centro limpa os uniformes de 21.000 traballadores e entréganse co nome asignado de cada persoa. Actualmente, encárgase duns 9.000 uniformes a diario, pero ten capacidade para uns 14.000. Ademais, lávanse unhas 11.000 pezas de hospital ao día. As máquinas das que se encargan os traballadores poden lavar, secar, pasar o ferro, dobrar e apilar unhas 1.500 sabas de hospital á hora.

HOTEL EN GALICIA

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Ilunion, Alejandro Oñoro, remarcou que o “fin último é crear emprego” e queren “crecer” e “crear máis emprego aquí”. Por iso, asegura que lle “encantaría” abrir en próximos “anos ou meses” un hotel en Galicia, como os que ten a cadea noutras comunidades. Precisamente, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recolleu a luva e dixo que o tema do hotel “hai que solucionalo canto antes”, polo que ofreceu a colaboración do Goberno galego, máis cando Galicia “bate marcas de turismo”.

Igualmente, Rueda puxo en valor esta ampliación de instalacións co que se consegue que haxa xente que teña “esperanzas grazas a iniciativas como esta”. “Quen non quere facer un mundo mellor?”, preguntouse para responder: “Todo o mundo”. Alfonso Rueda lembra que o traballo desta lavandaría foi “fundamental” durante a pandemia para a limpeza de roupa de residencias. “Se quere seguir apostando por Galicia, Galicia seguirá apostando por vós”, díxolle a Ilunion.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...