InicioSANTIAGOFademga celebra en Santiago o seu encontro anual de voluntariado baixo o...

Fademga celebra en Santiago o seu encontro anual de voluntariado baixo o lema ‘A fórmula da solidariedade’

Publicado o

Xornal de Compostela

A Hospedería San Martiño Pinario  acolleu este sábado unha nova edición do Encontro de Persoas Voluntarias de Fademga Plena Inclusión Galicia, unha xornada destinada a recoñecer o labor das persoas que colaboran coa federación e a reflexionar sobre o valor da solidariedade. O acto inaugural destacou o papel esencial do voluntariado como “unha das columnas vertebrais” da entidade, que sen esta colaboración “non podería facer nin a cuarta parte das actividades que se realizan”.

Baixo o lema ‘A fórmula da solidariedade’, a organización salientou que esta non é unha ecuación científica nin matemática, senón unha combinación de “tempo compartido, compromiso, alegría, empatía e, sobre todo, corazón”. O encontro, subliñaron, pretende ser “un espazo para recoñecer, compartir e aprender”, no que se poidan coñecer testemuños reais de persoas voluntarias e entidades como O Castro ou Aspronaga, ademais de actividades como a intervención de Gali Clown, centrada no humor como ferramenta de transformación social.

A sesión contou tamén coa participación de Pilar Lueiro, concelleira de Deportes do Concello de Santiago, quen interveu en nome da corporación municipal para dar a benvida ás persoas participantes. Lueiro lembrou a condición de Compostela como “cidade de acollida”, un espazo “de encontro, diálogo e confraternidade”, e destacou a importancia histórica do lugar onde se celebrou o acto, situado a carón do antigo Hospital Real, creado hai máis de cinco séculos para atender a quen precisaba coidado e curación.

A representante municipal fixo fincapé na continuidade dese espírito de axuda, adaptado aos novos tempos: “Mudan as necesidades, pero non muda a capacidade das persoas para contribuír a facer unha sociedade mellor”, afirmou. Lueiro quixo poñer en valor o traballo das entidades do terceiro sector, subliñando que “as Administracións imos sempre por detrás” e que “a maioría das loitas para acadar unha sociedade máis xusta e inclusiva débense a entidades como Fademga”.

A concelleira apelou tamén á necesidade de visibilizar as persoas con capacidades diferentes en todos os ámbitos públicos. Citou como exemplo a presenza de Fademga e da ONCE na Semana do Libro de Compostela (SELIC), onde xestionan un posto de libros accesibles e participan nun encontro de clubs de lectura fácil.

O acto de apertura rematou cun agradecemento a todas as persoas presentes polo seu compromiso e dedicación. “O voluntariado é unha rede viva que medra cada día grazas á implicación de persoas como vós”, destacou a organización, convidando a “seguir construíndo camiños compartidos e cheos de sentido”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here