InicioCULTURAO compostelán Andrés Rodís gaña o XIV Premio Auditorio de Galicia para...

O compostelán Andrés Rodís gaña o XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis

As artistas Lara e Noa Castro Lema obteñen o segundo lugar e Nuria Figueiredo recibe o terceiro premio

Publicado o

Xornal de Compostela

O artista Andrés Rodís, natural de Santiago de Compostela, foi proclamado gañador do Décimo Cuarto Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis coa obra Variacións sobre o recipiente. O fallo fíxose público este venres nun acto celebrado na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio, que contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín, da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, do director-xerente do Auditorio, Xaquín López, e da responsable de exposicións, Chus Busto.

O xurado desta edición estivo integrado pola concelleira Míriam Louzao, a investigadora e docente en Belas Artes da Universidade de Vigo Susana Cendán Caaveiro, o artista e escritor Rosendo Cid, a directora do centro de arte da Fundación María José Jove Susana González e o investigador e curador independente Juan Luís Toboso Galindo.

A obra premiada, dotada con 6.000 euros, combina distintos materiais nun recipiente físico disposto no chan, integrándose co espazo expositivo e xogando co concepto de variación e repetición. O título, explicaron os membros do xurado, propón unha dobre lectura: alude tanto aos movementos que se producen arredor dun recipiente como á exploración das súas múltiples versións e significados.

O segundo premio, de 3.000 euros, foi para as artistas Lara e Noa Castro Lema pola obra Bailan os nomes, unha animación composta por 35 debuxos de grafito sobre papel que xeran unha secuencia visual poética. Pola súa parte, o terceiro galardón, dotado con 2.000 euros, recaeu en Nuria Figueiredo pola peza Escóitalo? É o silencio antigo, un cruceiro de cerámica gris esmaltada con lustre de ouro e cadea dourada que invita, segundo a autora, a “deter o tempo, mirar e deixarse atravesar polo que non se pode nomear”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...