InicioSOCIEDADEUn equipo da USC deseña unha estratexia para superar a resistencia á...

Un equipo da USC deseña unha estratexia para superar a resistencia á quimioterapia

Un equipo de persoal investigador do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) deseñou unha estratexia molecular para transportar fármacos contra o cancro e así superar a resistencia á quimioterapia

Publicado o

Xornal de Compostela

Un equipo de persoal investigador do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) deseñou unha estratexia molecular para transportar fármacos contra o cancro e así superar a resistencia á quimioterapia. Tal e como trasladou a Universidade de Santiago de Compostela (USC) nunha nota de prensa, os estudos realizáronse con doxorrubicina, un fármaco habitual en quimioterapia. O seu uso prolongado pode xerar células resistentes, un fenómeno que este traballo consegue sortear mantendo a súa actividade antitumoral.

En concreto, o avance parte da capacidade dos péptidos cíclicos, que son pequenas cadeas de aminoácidos pechadas en forma de anel, para amontoarse e formar estruturas cilíndricas ocas –nanotubos– nas membranas deste tipo de células. Así, o mecanismo deseñado polo equipo que lidera Juan R. Granxa consegue axustar a doxorrubicina a estes péptidos e dirixila cara ao núcleo mediante un mecanismo distinto ao habitual deste fármaco. Desta maneira, evítanse os métodos de desactivación ao fármaco que posúen as células resistentes.

Nesta liña, en comparación coas células sas, a membrana das células cancerosas presenta unha maior concentración de lípidos aniónicos (con carga negativa), para as cales presentan unha marcada afinidade os péptidos cíclicos utilizados neste traballo, o que facilita a súa interacción coas células cancerosas. Con todo, o traballo publicado na revista ACS Applied Materials &Interfaces foi levado a cabo no CiQUS, centro que conta co recoñecemento CIGUS da Xunta e que recibe apoio financeiro da Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...