InicioSANTIAGOO conselleiro Diego Calvo sobre o voo Santiago-Nova York: "a promoción que...

O conselleiro Diego Calvo sobre o voo Santiago-Nova York: “a promoción que fai Galicia no exterior funciona”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, sinala que EEUU é "o país que máis peregrinos achega de fóra de España é Estados Unidos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, celebra o novo voo directo entre Santiago de Compostela e Nova York, xa que “poderán ir moitos galegos a Nova York e, sobre todo, moitos americanos que veñan a Galicia”. “E isto vén un pouco a mostrar que a promoción que fai Galicia no exterior funciona”, afirma.

“Estamos a promocionar Galicia en moitos países para que veñan eses turistas a Galicia”, valora.

Sinala que “proba diso” é que “o país que máis peregrinos achega de fóra de España é Estados Unidos”, posto que “a maior parte de peregrinos estranxeiros que veñen” fano desde de Estados Unidos, “e iso é fundamentalmente pola promoción que fai Galicia do seu destino en terras americanas”.

“Por tanto, é unha boa noticia, isto anímanos a seguir traballando, e tamén é unha mostra de que se pode conseguir que veñan aerolíneas a Galicia”. “E pedímoslle a AENA, e tamén ao Goberno de España, que actúen” para que “sigan vindo distintas aerolíneas aos aeroportos de Galicia”.

Esta conexión directa con Nova York, a través da aerolínea United Airlines, comezará a operar o 28 de maio de 2026 e funcionará tres días á semana.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...