InicioPOLÍTICAMaría Rozas respalda a Pedro Sánchez fronte aos bulos e pide rigor...

María Rozas respalda a Pedro Sánchez fronte aos bulos e pide rigor nas informacións

A portavoz de Compostela Aberta criticou o impacto das noticias falsas na política

Publicado o

Xornal de Compostela

María Rozas, portavoz municipal de Compostela Aberta e tenente de alcaldesa, amosou o seu apoio ao presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, destacando a problemática do “altofalante que hai para moitísimos bulos”. Rozas destacou que a súa experiencia no goberno municipal entre 2015 e 2019 foi marcada pola difusión de numerosas noticias falsas, o que lle proporciona, asegura, unha comprensión profunda sobre este fenómeno.

“Desde a nosa experiencia no goberno, entendemos moi ben o dano que poden causar os bulos. Por iso, expreso a miña total solidariedade con Pedro Sánchez e con calquera outra persoa que se vexa afectada por estas prácticas desleais, a miúdo promovidas desde sectores ultradereitistas”, afirmou Rozas.

Ademais, insistiu na necesidade de fomentar o rigor xornalístico e defender o dereito a non ser acosados, especialmente cando as difamacións afectan ao ámbito persoal.

Rozas tamén recordou a figuras do seu partido, como o exalcalde Mariño Noriega, que tamén sufriron ataques similares, e reiterou a importancia de dicir “basta” a este tipo de situacións que afectan á integridade dos representantes públicos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...