InicioPOLÍTICAO PSOE denuncia o “desmantelamento” do servizo de actividades socioculturais en Santiago

O PSOE denuncia o “desmantelamento” do servizo de actividades socioculturais en Santiago

Marta Abal reclama explicacións ao Goberno Local e a reposición urxente das actividades suspendidas en varios centros urbanos e do rural

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago advertiu esta semana do “desmantelamento do servizo de actividades socioculturais do Concello”, que, segundo denunciou a concelleira Marta Abal, deixou sen cobertura a boa parte das programacións que se desenvolvían tanto nos barrios da cidade como nas parroquias do rural.

Abal explicou que a situación se agravou “dende o 1 de outubro”, cando moitas das actividades quedaron sen persoal monitor. No caso do Centro Sociocultural de Santa Marta, concretou, 78 persoas quedaron sen as súas clases, mentres que en instalacións do rural, como o centro da Gracia, o servizo “deixou de prestarse por completo”.

A edil socialista cualificou esta situación de “inaceptable” e criticou que o Goberno Local “abandone ás persoas usuarias que xa pagaron polas actividades e que, malia iso, non están a recibir o servizo comprometido”. Para Abal, trátase dunha “clara vulneración dos dereitos da cidadanía” e dunha mostra da “incapacidade do Executivo municipal para garantir o cumprimento do contrato e asegurar un servizo público de calidade”.

O PSOE compostelán pide explicacións inmediatas ao Goberno Local, así como a reposición urxente do servizo e a adopción de “medidas firmes para que se respecte a cidadanía e se cumpra o contratado”. O grupo socialista lembra ademais que estas actividades teñen unha alta participación veciñal e unha función esencial na dinamización comunitaria dos centros sociais da cidade.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here