InicioCULTURAO Consello da Cultura Galega e a USC difunden un novo ‘Proxector’...

O Consello da Cultura Galega e a USC difunden un novo ‘Proxector’ sobre a investigación química e o desenvolvemento industrial

O monográfico, publicado en véspera do Día da Ciencia en Galicia, está dedicado a Fernando Calvet i Prats, pioneiro da bioquímica moderna en España

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) veñen de presentar unha nova entrega da serie divulgativa Proxector, un proxecto conxunto que ten como obxectivo achegar recursos didácticos en galego e fomentar o interese social pola ciencia e a tecnoloxía.

Coincidindo coa celebración do Día da Ciencia en Galicia, o número deste mes leva por título ‘A investigación química aplicada ao desenvolvemento industrial’ e aborda a relevancia da química como motor da innovación tecnolóxica e do progreso económico sustentable.

A publicación está inspirada na figura de Fernando Calvet i Prats (1903–1988), o científico homenaxeado este ano pola Real Academia Galega de Ciencias, recoñecido como introductor da bioquímica moderna en España e referente da química orgánica en Galicia. O monográfico salienta a súa contribución á aplicación práctica da investigación química nos sectores industriais, un ámbito no que foi pioneiro desde a súa etapa na Universidade de Santiago e, posteriormente, nos laboratorios Zeltia do Porriño.

Con esta nova entrega, Proxector reafirma o seu compromiso coa divulgación científica en lingua galega, promovendo materiais accesibles e de calidade para o profesorado, o alumnado e o conxunto da sociedade, ao tempo que pon en valor o legado de figuras clave da ciencia galega contemporánea.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...