InicioCULTURAO Festival Internacional Galicreques celebra en Santiago a súa 30ª edición con...

O Festival Internacional Galicreques celebra en Santiago a súa 30ª edición con preto de 60 funcións e 16 estreas

O certame de teatro de monicreques reunirá do 11 ao 19 de outubro compañías de seis países e sete comunidades autónomas, cunha festa especial de aniversario o día 8 na Sala Capitol

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Internacional Galicreques chega este mes de outubro á súa 30ª edición, consolidado como unha das citas de referencia no teatro de monicreques e títeres. Entre o 11 e o 19 de outubro, Compostela acollerá preto de 60 funcións, quince delas destinadas ao público escolar, con participación dunha trintena de compañías procedentes de seis países e sete comunidades autónomas.

O programa desta edición celebrarase en distintos espazos da cidade, cunha carpa central na Alameda e actividades nos centros socioculturais de Conxo, Romaño, Ensanche, Santa Marta, Laraño, Fontiñas, Lavacolla, A Gracia, Castiñeiriño e Vite, ademais do Teatro Principal, a Fundación SGAE, A Reixa e, por primeira vez, a Sala Capitol, onde este mércores 8 de outubro terá lugar a festa do 30 aniversario do festival.

Na presentación celebrada este luns en Santiago, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, destacou o papel de Galicreques como “un encontro pioneiro e consolidado” dentro do panorama escénico galego. Lembrou tamén que o festival conta este ano cunha achega pública de máis de 42.000 euros a través da liña de axudas a festivais de artes escénicas, que repartiu 280.000 euros entre 13 citas en toda Galicia.

O director do festival, Jorge Rey, puxo en valor a diversidade e calidade da produción galega, representada polas compañías Os Monifates, Luis Vallecillo, Mircromina Teatro, K’Paparota e Danthea Teatro, Teatro Escena, Carmen Domech, Kalina Teatro, Bico de Toupa, Títeres Cachirulo e Nauta Teatro.

Esta edición acollerá 16 estreas, catro delas galegas. Entre as novidades, Kalina Teatro presentará Limonardo dá vento o venres 12, Mircromina Teatro amosará Pasmo de pedra o sábado 11, K’Paparota e Danthea Teatro estrearán Verán na lavandería o luns 13Consel e Nauta Teatro pechará o festival o domingo 19 coa súa nova creación, Ephimeros.

O apartado internacional incluirá propostas de Portugal, Italia, Arxentina, Chile, México e Colombia, con estreas como O rei va nú de Fío D’Azeite, Cenicienta de Zaches Teatro, Kuiyen, sueño mapuche de Títeres Candelilla, ou El último árbol de El Guiñol del Guiñol.

Tamén regresan ao festival compañías xa coñecidas polo público compostelán, como Panta Rhei, que presentará Krim, pequeño lobo o xoves 16, ou Fil de Guá, que chegará o mesmo día con Emproianova. O venres 17 será a quenda de Txotxongillo Taldea, coa función escolar Caminos para la poesía, e de La Tartana Teatro, que estreará Un hilo me liga a vos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here