InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO PP destaca en Sergude o papel da formación agraria para garantir...

O PP destaca en Sergude o papel da formación agraria para garantir o relevo xeracional no campo galego

Os deputados Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez visitan o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Boqueixón acompañados do alcalde Ovidio Rodeiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Os deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, visitaron este venres o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello de Boqueixón, onde puxeron en valor a importancia deste tipo de ensino para asegurar o relevo xeracional no agro galego.

Durante o percorrido polas instalacións, acompañados polo alcalde Ovidio Rodeiro, os representantes populares coñeceron de primeira man a actividade docente dun centro que ofrece formación práctica en materias agrarias e forestais, adaptada ás demandas actuais do sector agrogandeiro. Segundo destacaron, esta orientación profesional favorece que o alumnado poida incorporarse con rapidez ao mercado laboral.

O PP lembrou que a rede de centros de formación agraria da Xunta abrangue tamén os de Guísamo, Pedro Murias (Ribadeo), Monforte de Lemos, Becerreá e Lourizán (Pontevedra). En conxunto, estes centros manteñen estreitos vínculos coas empresas do sector, que o pasado ano acolleron prácticas de estudantes en arredor de setenta entidades, o que contribúe, segundo sinalaron, a que o índice de inserción laboral do alumnado sexa próximo ao 100%.

Rodríguez e Pérez subliñaron que a formación agraria é “unha ferramenta fundamental para manter vivo o tecido rural galego” e animaron a continuar fortalecendo a colaboración entre administracións, centros educativos e empresas para impulsar novas xeracións de profesionais no campo galego.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here