InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón lanza inscricións para unha excursión a Ribavadia no...

O Concello de Boqueixón lanza inscricións para unha excursión a Ribavadia no mes de maio

Inicia o programa 'Boqueixón en ruta 2024' con visitas por distintos puntos de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón anunciou recenetemente a apertura de inscricións para a súa primeira excursión deste ano dentro do programa ‘Boqueixón en ruta 2024‘. A primeira visita será a Ribadavia e á comarca do Ribeiro, o próximo sábado 11 de maio. Este evento marca o comezo dunha serie de viaxes programadas que buscarán explorar a riqueza cultural e paisaxística de distintas partes de Galicia.

A excursión a Ribadavia inclúe visitas guiadas ao Casco Histórico, ao Castelo, ao Museo Etnográfico, e ao Museo do Viño, cun custo de 25 euros por persoa. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que pode realizarse presencialmente no Concello ou chamando ao número 981 513 115.

Ademais de Ribadavia, o programa ‘Boqueixón en ruta 2024‘ incluirá visitas a lugar como os Canóns do Sil, a Ribeira Sacra e Castro Caldelas, en xuño; as Rías Baixas, en xullo; a Costa da Morte e Fisterra, en setembro, e as Termas de Outariz, en novembro. Tamén se ofrecerá unha saída de sendeirismo no mes de xuño que percorrerá a fermosa costa entre Laxe e Malpica.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here