InicioMOV. SOCIAISGran mobilización en Santiago contra a interceptación da flotilla de apoio a...

Gran mobilización en Santiago contra a interceptación da flotilla de apoio a Gaza

Unha das principais demandas dos manifestantes é a liberación inmediata dos activistas

Publicado o

Xornal de Compostela

Centenares de persoas concentráronse este xoves en varias localidades galegas para protestar contra a interceptación, por parte das forzas militares de Israel, dos buques humanitarios de Global Sumud Flotilla que tentaban chegar á Franxa de Gaza.

En Santiago, a concentración, convocada para as 20:00 horas, reuniu a centenares de persoas na praza do Ensanche compostelán e estivo marcada por un ambiente de indignación e rabia cara ás accións de detención do Goberno israelí, que en augas internacionais impediu aos activistas que levaban axuda humanitaria chegar ao destino.

Alí, os manifestantes entoaron cánticos como ‘Desde o río ata o mar, Palestina vencerá‘; ‘Destruír o Estado sionista’; ‘Solidariedade, Galicia é Palestina’; ‘Israel asasina, Europa patrocina’; ‘É o terrorismo do sionismo’; e ‘Netanyahu asasino’. Nesta liña, tamén se exhibiron numerosas pancartas con lemas como, por exemplo, “dereito á resistencia armada” e “inacción de Occidente, xenocidio en Gaza”.
Centenares de persoas protestan
A protesta convocouse ao día seguinte de que, os galegos Sandra Garrido e Manu López, entre outros, que navegaban coa flotilla humanitaria, fosen detidos polas forzas militares de Israel. Ambos foron trasladados, en principio, ao porto de Asdod, en Israel. Por iso, unha das principais demandas dos manifestantes foi xustamente a liberación inmediata dos activistas.

MÁIS PROTESTAS

Por mor da interceptación polas forzas israelís, o movemento Global Sumud convocou para este xoves protestas nunha vintena de cidades e municipios galegos. “O 1 de outubro, Israel asaltou a Flotilla Sumud Global, misión humanitaria rumbo a Gaza, e secuestrou a varias activistas, entre elas a galega Sandra Garrido“, trasladou en nota aos medios o movemento.

Por iso, a organización esixiu a liberación inmediata de Garrido, ademais de reclamar protección para a Flotilla e o “fin do bloqueo criminal a Gaza”.

PEDIDO DE MOBILIZACIÓN

Nun vídeo publicado por ‘Global Movement to Gaza-Galiza’ en Instagram, este xoves, Garrido fixo unha declaración en primeira persoa na que informa da detención e pide á sociedade española que se mobilice. “Son Sandra Garrido, representante galega da Global Sumud Flotilla, e se estás a ver este vídeo, é que fomos secuestradas polas forzas de ocupación israelí. Solicitamos á sociedade civil que pida a nosa liberdade e o fin do xenocidio do pobo palestino”, afirma a activista.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...