InicioPOLÍTICAA Xunta acusa o Goberno de trasladar "pola porta de atrás" a...

A Xunta acusa o Goberno de trasladar “pola porta de atrás” a 15 menores migrantes a Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, apuntou que a Xunta recibiu catro novos expedientes de menores estranxeiros, polo que xa contan cun total de 24 expedientes dos 317 que "Pedro Sánchez e Puigdemont pactaron enviar a Galicia"

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou que o Goberno central trasladará de forma “inminente” a 15 menores migrantes a Santiago e afeou que se faga “pola porta de atrás”. Tal e como trasladou García en declaracións difundidas aos medios, tivo coñecemento “de forma extraoficial” da chegada destes menores, que se suman aos 15 que chegaron á Coruña a semana pasada.

Neste contexto, tamén apuntou que a Xunta recibiu catro novos expedientes de menores estranxeiros, polo que xa contan cun total de 24 expedientes dos 317 que “Pedro Sánchez e Puigdemont pactaron enviar a Galicia”. A continuación, denunciou unha vez máis que “hai moitos outros menores” que o Goberno central está a enviar a Galicia “pola porta de atrás”.

Previsiblemente, os menores instalaranse no centro de Monforte cando este sexa reparado dos danos causados polos cócteles molotov cos que foi atacado fai unhas dúas semanas. Polo momento, non hai información concreta para a finalización das obras nin para a chegada dos migrantes.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...