InicioPOLÍTICARozas, de Compostela Aberta, sobre unha moción de censura: "Son soños...

Rozas, de Compostela Aberta, sobre unha moción de censura: “Son soños húmidos do PP e Verea”

Rozas tamén fixo fincapé en que as declaracións de Evaristo Ben resultan "contraditorias" coas do propio Verea

Publicado o

Xornal de Compostela

María Rozas, de Compostela Aberta e primeira tenente de alcaldesa en Santiago, ironizou este mércores sobre as opcións de que o PP poida facerse coa Alcaldía da capital galega, en mans de Goretti Sanmartín (BNG) nun goberno en coalición coa súa formación. “Creo que son os soños húmidos do PP e de Borja Verea“, resumiu.

Así o manifestou despois de que Evaristo Ben, concelleiro do PP na capital e dirixente destacado da formación provincial, afirmase nunhas declaracións á Cadena SER que os populares son partidarios de promover cambios de goberno en todos os municipios onde “as cousas funcionan mal” e de apuntar cara a socialistas e non adscritos na capital galega.

“Son os soños húmidos de Verea e os pesadelos doutras persoas”, incidiu Rozas, a preguntas dos medios este mércores, antes de recalcar que o PP é “incapaz de asumir as normas democráticas” e que haxa gobernos en minoría “capaces de dialogar e pactar” con outras forzas. Ao seu xuízo, entender a política desde esta perspectiva “non está no ADN” dos populares.

Rozas tamén fixo fincapé en que as declaracións de Evaristo Ben resultan “contraditorias” coas do propio Verea, quen, lembrou, afirmou nun pleno en que “non estaba en absoluto interesado nos votos” do non adscritos. Fíxoo despois de que un dos edís en cuestión, Gonzalo Muíños, deslizase publicamente que o PP os sondou, antes de advertir que o seu sentir era “socialista” e non daría o seu apoio aos populares.

O non adscritos dan por pechado o debate, mentres que desde o grupo socialista, Gumersindo Guinarte respondeu ás declaracións de Ben cunha mensaxe: “O PP sabe perfectamente que o PSOE non vai estar nunha operación para promover un goberno de dereitas” na capital galega. Rozas, ademais de dar a entender que o goberno que encabeza Sanmartín non ve visos de que esa moción se faga realidade, instou ao PP a “aclararse” e insistiu en que “non tivo capacidade para chegar a acordos” e agora “non acepta as normas que hai en democracia”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...