InicioCULTURAA USC abre a matrícula para as Conversas en linguas estranxeiras e...

A USC abre a matrícula para as Conversas en linguas estranxeiras e os exames DELF

O Centro de Linguas Modernas ofrece sesións en inglés, francés e checo e convoca probas oficiais de francés B1 e B2

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela abriu este mércores 1 de outubro o prazo de inscrición para as súas Conversas en inglés, francés e checo, dirixidas tanto a persoas da comunidade universitaria como a público externo, con tarifas diferenciadas segundo o caso. A matrícula permanecerá aberta ata o 20 de outubro, prazo no que tamén se poderá realizar o test de nivel previo en caso de ser necesario.

As conversas están dispoñibles nos niveis intermedio e avanzado e desenvolveranse dende finais de outubro ata mediados de decembro no caso do inglés e do checo, e ata xaneiro no caso do francés.

DIPLOMA DE COÑECEMENTOS DE FRANCÉS

Ademais, o CLM abriu tamén este mércores o período de matrícula para os exames oficiais DELF (Diplôme d’études en langue française), correspondentes aos niveis B1 e B2. Trátase da certificación internacional en lingua francesa expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

O diploma DELF, que non ten data de caducidade, acredita de forma permanente o nivel de competencia en francés e facilita o acceso a estudos universitarios na francofonía, ademais de ser válido para a solicitude de bolsas Erasmus, que esixen un nivel B1 ou B2 segundo os requisitos da universidade de destino.

O CLM da USC, centro colaborador da Alliance Française dende 2020, organiza estas probas para os campus de Lugo e Santiago. No mes de xuño deste ano xa se celebraron exames en ambas sedes, e nesta convocatoria de outubro repítese a oferta para o alumnado interesado.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here