InicioCULTURAEstas son as actividades que o Museo do Pobo Galego programa para...

Estas son as actividades que o Museo do Pobo Galego programa para o mes de outubro

O calendario inclúe a inauguración da mostra do XIX Premio Luís Ksado, unha homenaxe a Tino Martínez e a estrea do documental 'Sempre en Galiza'

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego deu a coñecer a súa programación para o mes de outubro de 2025, cun calendario de actividades que abrangue exposicións, presentacións, obradoiros, faladoiros e visitas guiadas, ademais da participación en xornadas e encontros externos.

O mes comezará o mércores 01 ás 19:00 coa inauguración da exposición das fotografías gañadoras e finalistas do XIX Premio Luís Ksado, certame convocado pola Deputación da Coruña e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra poderá visitarse ata o 2 de novembro. O día seguinte, xoves 02/10 ás 19:00, terá lugar no auditorio do Museo unha homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez, cun acto no que participarán representantes da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago e do propio Museo, ademais do fotohistoriador Carlos Castelao.

O xoves 16 ás 19:00 estrearase o documental Sempre en Galiza, voz e pensamento galeguista na emigración, dirixido por Xan Leira e producido por Memoria Documental de Galicia SL. A peza lembra o programa radiofónico Sempre en Galicia, emitido desde o exilio no Río da Prata a partir de 1950.

A programación inclúe tamén unha visita guiada para persoas socias o sábado 18/10, con percorridos por Curtis, Muras e Ourol. O prazo de inscrición remata o 16 de outubro. O xoves 23/10 presentarase a Guía de pictogramas da sala do mar, elaborada en colaboración coa asociación Aspanaes para mellorar a accesibilidade. O sábado 25/10, de 10:00 a 14:00, ofrecerase un obradoiro de construción de pandeiretas dirixido a persoas socias, impartido polo artesán Sanín.

O ciclo Faladoiros en Bonaval contará nesta ocasión coa intervención do investigador Alfredo González Ruibal, que falará o xoves 30/10 ás 19:00 sobre a documentación de tradicións materiais no Corno de África.

En canto ás exposicións, permanece aberta ata o 31 de decembro a mostra Espazos contra o baleiro, dedicada a Isaac Díaz Pardo, e ata o 2 de novembro a correspondente ao Premio Luís Ksado.

Ademais, o Museo participará na xornada ‘A sustentabilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia’, que se celebrará o 15 de outubro en Sober (Lugo). O director do Museo, Lois Ladra, intervirá nunha mesa redonda sobre a orixe e o uso do termo.

Entre as actividades acollidas pola institución destacan os obradoiros de AGANTRO ‘Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe III’, que se desenvolverán cada venres de outubro en horario de tarde, e o encontro ‘Virtualizando o Edificio Castromil 50 anos despois da súa demolición’, previsto para o venres 31 ás 18:00. Neste último presentarase unha recreación 3D do desaparecido edificio compostelán e do anteproxecto de rehabilitación que nunca chegou a materializarse.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here