InicioSOCIEDADEGoretti reitera que "non hai criterios" para suspender a aplicación da taxa...

Goretti reitera que “non hai criterios” para suspender a aplicación da taxa turística, que entrará en vigor este mércores

A alcaldesa de Santiago confía en que este mércores empece a aplicarse "con toda normalidade" este imposto

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, insistiu este martes en que “non existe ningún criterio nin ningunha condición” pola que haxa que suspender a aplicación da taxa turística na capital galega e asegurou que “o proceso segue adiante”. Ante as preguntas dos medios, a rexedora compostelá mostrouse confiada de que este mércores empece a aplicarse este imposto de estancias turísticas.

Cómpre lembrar que a portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou este luns que o Concello presentou as súas alegacións ao recurso exposto pola Unión Hoteleira Compostela á chamada taxa turística. Neste sentido, sinalou que “non concorren os requisitos para a súa suspensión” e que, por tanto, “non hai ningunha cuestión que evite que este mércores entre en vigor”.

Do mesmo xeito pronunciouse este martes a alcaldesa, que insistiu en que, en principio, o prazo que manexa o Concello de Santiago é que o 1 de outubro empece a aplicarse “con toda normalidade”. “En todo caso, como sabemos, hai un recurso xudicial dunha parte do sector hoteleiro e, unha vez que se resolva e que os xulgados decidan se hai medidas cautelares ou non, iso podería modificar a situación”, concluíu Sanmartín.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...