InicioMOV. SOCIAISA UGT acolle a presentación do libro '25 anos de sindicalismo en...

A UGT acolle a presentación do libro ’25 anos de sindicalismo en Citroën. 1977-2002′

A obra de Jovito Rivas repasa a evolución do movemento obreiro na planta viguesa e o seu contexto político e social

Publicado o

Xornal de Compostela

O salón de actos de UGT-Galicia, en Santiago, acolleu hoxe a presentación do libro 25 anos de sindicalismo en Citroën. 1977-2002, escrito por Jovito Rivas, quen fora secretario xeral da sección sindical de UGT en Citroën Vigo durante máis de dúas décadas. No acto participaron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o director de Edicións Ir Indo, Xelasio Suárez, responsable da publicación.

Acompañaron ao autor os secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA Galicia, Cristóbal Medeiros e Javier Carreiro, ademais de representantes das executivas sindicais, doutras federacións e da Unión de Compostela-Barbanza. Todos eles coincidiron en destacar o valor histórico e documental desta obra para comprender a evolución das relacións laborais nunha das principais factorías do país.

O libro reconstrúe, de forma cronolóxica, un cuarto de século de sindicalismo na planta de Citroën Vigo, desde a legalización dos sindicatos tras o final do franquismo ata o inicio do novo milenio. Nel recóllense folgas, convenios, procesos de negociación sobre salarios e xornada laboral, así como testemuños persoais, incluídas vivencias do propio autor.

Rivas analiza a consolidación dos sindicatos, as dificultades e tensións coas direccións da empresa, a reconversión industrial dos anos 80 e a presión dos cambios económicos e produtivos sobre a clase traballadora. O relato abrangue tamén o contexto político e social da transición e dos primeiros gobernos democráticos, incorporando reflexións sobre o papel da UGT e do propio movemento obreiro.

Segundo explicou o autor, a obra quere ser ao tempo unha homenaxe á loita dos traballadores e traballadoras e unha crónica crítica, na que se abordan tamén derrotas, resistencias e obstáculos legais que marcaron a historia da factoría. “Este libro pretende deixar constancia do esforzo colectivo que fixo que Vigo se identificase con Citroën como parte da súa identidade”, subliñou.

O volume está xa dispoñible baixo o selo de Edicións Ir Indo e constitúe, segundo os asistentes ao acto, unha referencia imprescindible para quen queira coñecer a realidade do sindicalismo nunha gran empresa automobilística en España entre 1977 e 2002.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here