InicioECONOMÍAO Concello aproba na Xunta de Goberno local unha rehabilitación en Vista...

O Concello aproba na Xunta de Goberno local unha rehabilitación en Vista Alegre por máis de 100.000 euros

A sesión inclúe axudas á rehabilitación en Vista Alegre, o contrato da Cabalgata de Reis e un novo servizo de comedores escolares no rural

Publicado o

Xornal de Compostela

A voceira municipal, Míriam Louzao, informou este luns dos principais acordos adoptados pola Xunta de Goberno local. Entre eles destaca a concesión definitiva de tres subvencións por un total de 185.668,32 euros para obras de rehabilitación na zona de rehabilitación integral de Vista Alegre, correspondentes á convocatoria de 2022. Os inmobles beneficiados están situados na Avenida de Castelao, 2 (9.659,21 €), na rúa do Bispo Diego Peláez, 7 (76.163,16 €) e na rúa de Santa Uxía de Ribeira, 4 (99.845,95 €).

Tamén se aprobaron catro licenzas de obra maior: a construción dunha nave de produtos hortofrutícolas na rúa de Castela León, no Polígono da Sionlla; a rehabilitación dunha vivenda en Angrois; a reforma interior dun piso na rúa dos Basquiños; e a instalación dun sistema de illamento térmico nun edificio da Carballeira de San Lourenzo. Ademais, o Concello presentaráse nun procedemento xudicial promovido contra a cancelación dunha vivenda de uso turístico en Tras Salomé.

No ámbito da contratación pública, a Xunta de Goberno deu luz verde á licitación do mobiliario do Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS), cun orzamento base de 48.396 euros (IVE incluído), repartido en tres lotes. Aprobouse igualmente o expediente do contrato mixto para a Cabalgata de Reis, cunha dotación total de 435.807,54 € repartida entre a produción artística do evento (330.817,46 €) e o alugueiro de carrozas (104.990,08 €).

Outro dos acordos foi o contrato de subministración de gas para calefacción das dependencias municipais, cun límite de gasto de 136.500 €, así como a adxudicación do seguro da flota municipal á empresa Occident GCO Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, cunha prima de 27.843,05 €. Paralelamente, autorizouse a contratación dun préstamo a longo prazo de 2,5 millóns de euros para financiar investimentos previstos nos orzamentos de 2025.

No capítulo de convenios, o Concello apoiará con 3.000 € á Xunta de Confrarías da Semana Santa, con 20.000 € á USC para a Feira de Emprendedoras da Comarca de Compostela, e con outros 20.000 € á FANPA Compostela, que destinará parte da achega a poñer en marcha o novo servizo de comedores escolares nas unitarias rurais do Gaioso (O Eixo), Rial (Laraño) e Bispo Teodomiro (Marrozos). “Entendemos que esta medida é unha importante axuda para as familias e contribúe a que estes centros continúen cheos de vida”, destacou Louzao.

Así mesmo, ampliouse ata o 31 de outubro o prazo para xustificar as subvencións concedidas ás asociacións veciñais para programas de interese xeral en 2025.

Finalmente, a portavoz confirmou que o Concello presentou alegacións ao recurso contra a ordenanza do imposto ás estadías turísticas, insistindo en que “non concorren os requisitos para a suspensión” e que nada impide a súa entrada en vigor este mércores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here