InicioSANTIAGOAMESUn debate no Milladoiro analiza a crise de acceso á vivenda

Un debate no Milladoiro analiza a crise de acceso á vivenda

Na Casa da Cultura tratáronse cuestións como a vivenda baleira, o alugueiro turístico e as dificultades da xente nova e traballadora

Publicado o

Xornal de Compostela

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu unha xornada de debate sobre a crise habitacional, na que participaron María José Piñeira Mantiñán (docente e investigadora do IDEGA), Carlos Alberto García Novio (avogado especialista en urbanismo), Iago Lestegás Tizón (concelleiro de urbanismo, vivenda e cidade histórica de Santiago de Compostela), José Antonio Abelenda Vila (secretario da Plataforma Sol Naciente) e Escarlata Pampín López (voceira municipal do BNG de Ames). O encontro, moderado por Manel Pardo, puxo enriba da mesa algúns dos principais retos en materia de vivenda.

Na sesión analizouse como, malia teren pasado 18 anos desde a burbulla inmobiliaria, a situación non mellorou, senón que mudou. Segundo se expuxo, a presión e especulación xa non se concentra tanto na compra-venda como no mercado de alugueiro, cun impacto directo sobre a poboación nova e traballadora que busca un fogar digno.

Tamén se salientou o abandono histórico de barrios e contornos como o Milladoiro, subliñando a importancia de evitar estigmatizacións mediante a organización de actividades e eventos que reforcen o tecido social e comunitario.

No plano urbanístico, os participantes defenderon a necesidade de actuar sobre o espazo público como ferramenta de transformación. Entre as medidas citadas figuraron a reducción de carrís de tráfico, a ampliación de beirarrúas, a introdución de máis zonas verdes e a colocación de novo mobiliario urbano que permita revitalizar rúas e prazas sen modificar o construído.

A voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, insistiu en que o problema da vivenda debe recoñecerse como un dos máis graves do país. “Seguiremos traballando firmemente, en Ames e en todo o país, sendo conscientes de que hoxe vivimos unha das peores crises de acceso á vivenda, convertida ademais no maior mecanismo de desigualdade social porque aumenta a brecha entre as persoas que menos teñen e as que dispoñen de máis patrimonio. Queremos un fogar digno para tódolos galegos e galegas”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here