InicioECONOMÍAO Concello de Santiago mantén a entrada en vigor da taxa turística...

O Concello de Santiago mantén a entrada en vigor da taxa turística este mércores

O goberno local presentou alegacións ao recurso da Unión Hoteleira Compostela e insiste en que non existen motivos para a suspensión

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno local de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, confirmou este luns que o Concello presentou xa as súas alegacións ao recurso contencioso interposto pola Unión Hoteleira Compostela contra a chamada taxa turística. O executivo municipal asegura que “non concorren os requisitos para a súa suspensión” e que, por tanto, a nova ordenanza entrará en vigor o mércores 1 de outubro, tal e como estaba previsto tras a súa aprobación no pleno do pasado mes de xullo.

Louzao subliñou en rolda de prensa que “a cidadanía de Compostela tampouco entendería que non entrase en vigor” e incidiu en que se trata dunha medida que busca o beneficio común. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, xa adiantara durante a fin de semana que sería este luns cando o Consistorio formalizase a súa resposta tras reunirse coa asesoría xurídica.

A portavoz mostrou a súa sorpresa pola decisión da asociación hoteleira de solicitar a suspensión “sen trámite de audiencia”, lembrando que “unha das cuestións das que máis se queixou durante todo o proceso era a falta de diálogo”. Neste sentido, considerou que se trata dun asunto “que non debía estar xudicializado”, aínda que asegurou o “respecto” do Concello ás resolucións que adopten os tribunais.

“A cidadanía non vai entender que se xudicialice este tema. Agora son as instancias xudiciais as que teñen que indicar o que consideren, e nós respectaremos esa decisión. Con todo, entendemos que non hai ningún motivo para que este mércores non entre en vigor a taxa turística, porque é o adecuado e o correcto para Compostela”, concluíu Louzao.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago impulsa un programa para crear experiencias turísticas e diversificar a oferta máis alá do casco histórico

O Concello de Santiago presentou un novo programa de creación de produtos turísticos co...

O PSdeG reclama negociación para decidir o destino de máis de cinco millóns procedentes da venda de parcelas municipais en Santiago

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago instou ao goberno local a abrir...