InicioCULTURAA Xunta promove no Multiusos do Sar unha xornada para fomentar o...

A Xunta promove no Multiusos do Sar unha xornada para fomentar o benestar dixital en familia

O encontro inclúe talleres, xogos interxeracionais e propostas para un uso equilibrado das pantallas

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou hoxe no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela na primeira edición da ‘Xornada de benestar dixital familiar’, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar hábitos saudables no uso de dispositivos electrónicos dentro do fogar.

Segundo informou a administración autonómica, a proposta busca axudar ás familias a establecer un equilibrio entre o tempo en liña e o tempo compartido, ademais de orientar sobre contidos educativos e de lecer adecuados para cada idade e definir pautas básicas de conduta dixital.

A programación, que se estenderá ata as 20:00, está pensada para todos os membros da unidade familiar. Entre as actividades, destacou un torneo interxeracional de Mario Kart, no que participaron conxuntamente pais e fillos. Tamén se desenvolveu un obradoiro de recomendacións sobre contidos dixitais segundo as idades e outras sesións que combinaron xogos tradicionais con propostas virtuais.

A maiores, celebrouse un taller sobre tendencias no lecer dixital e retos tecnolóxicos de futuro, xunto con experiencias formativas e dinámicas participativas. A Xunta explicou que a idea é favorecer un ambiente distendido e participativo, no que as familias poidan reflexionar sobre a súa relación co mundo dixital.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...