InicioCULTURATurismo de Galicia cifra en máis de 23.000 os peregrinos que continuaron...

Turismo de Galicia cifra en máis de 23.000 os peregrinos que continuaron ata Fisterra e Muxía desde agosto

Os sensores instalados en Negreira, Dumbría, Muxía e Fisterra permiten medir por primeira vez o fluxo real de camiñantes nesta prolongación do Camiño de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 23.000 persoas que recolleron a Compostela en Santiago decidiron proseguir a súa ruta ata os finais de Muxía ou Fisterra entre o 1 de agosto e o 21 de setembro. Así o informou este sábado o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen presentou os primeiros resultados dos sensores instalados no Camiño de Fisterra-Muxía.

Segundo os datos recollidos, en agosto chegaron a estes dous puntos 14.369 peregrinos, mentres que do 1 ao 21 de setembro a cifra foi de 8.827. Os dispositivos, colocados ao longo da ruta en Negreira, Dumbría, Muxía e Fisterra, permiten diferenciar entre visitantes ocasionais e persoas que realizan o percorrido como prolongación do Camiño.

As estatísticas amosan que arredor do 30% dos visitantes de Fisterra nestes meses eran peregrinos, fronte a un 8% en Muxía. A media diaria de camiñantes foi de 130 en Muxía e de 300 en Fisterra, con rexistros que alcanzaron os 400 peregrinos nun día nalgún dos dous destinos.

Merelles subliñou que a Xunta está a desenvolver un “importante esforzo instalando todos estes sensores en todos os camiños oficiais da ruta xacobea” e engadiu que tamén se monitorizan outros puntos de interese turístico como a praia das Catedrais ou o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Ademais, avanzou que se realizará un estudo específico sobre os fluxos de visitantes no Castro de Baroña.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...