InicioSANTIAGOLa Estila convértese en fundación para manterse como colexio maior masculino

La Estila convértese en fundación para manterse como colexio maior masculino

O centro perde a súa vinculación coa USC pola nova lei universitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O Colexio Maior La Estila de Santiago constituíuse como fundación de interese galego para continuar coa súa actividade como centro unicamente masculino, tras a entrada en vigor da Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) de 2023, que prohibe a segregación por sexos nos colexios maiores adscritos a universidades públicas.

Segundo se recolleu nunha noticia en El Correo Gallego, o centro, que leva sete décadas vinculado á Universidade de Santiago, viuse obrigado a romper ese lazo institucional. “A nós gustaríanos seguir como antes, pero a lei española prohibiu que os colexios maiores non mixtos poidan estar adscritos a universidades públicas”, sinalaron fontes do colexio maior ao citado medio.

A constitución da fundación, recentemente publicada no Diario Oficial de Galicia, garante seguridade xurídica e permite manter o funcionamento habitual do colexio, que ofrece residencia e alimentación a estudantes universitarios nun marco formativo integral. O padroado inicial está formado por Gonzalo Eduardo Cortizo Ameal como presidente, Luis Trincado Boville como vicepresidente, Gerardo Gándara Moure como vocal e Juan Vicente González Boo como secretario.

No mesmo contexto, outros colexios maiores composteláns non mixtos, como Arosa e María Inmaculada, ambos femininos, deberán adaptarse á normativa e converterse en mixtos ou ben atopar alternativas legais semellantes.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here