InicioCULTURAO lecer nocturno alternativo volve a Compostela: elaboración de fajas por Palestina...

O lecer nocturno alternativo volve a Compostela: elaboración de fajas por Palestina e talleres de bordado ou pan

O lecer nocturno alternativo regresa a Santiago de Compostela este outono co programa 'Noites Alternas'

Publicado o

Xornal de Compostela

O lecer nocturno alternativo regresa a Santiago de Compostela este outono co programa ‘Noites Alternas’, que impulsa o Concello en colaboración coa asociación cultural Ítaca e este ano celebra o seu décimo aniversario. A elaboración de faixas por Palestina, unha ruta polas pegadas do modernismo en Santiago e talleres de bordado, ‘stencil’ ou pan son algunhas das 26 actividades deste ano, que se desenvolverán en xoves e venres alternos entre o 2 outubro e o 28 de novembro.

As inscricións estarán abertas desde o luns en itaca.gal, cun número de prazas variable entre 15 e 50. As propostas desenvolveranse na sede de Ítaca, na rúa do Pombal; na sede da asociación As Brañas de Andres, en Vista Alegrre; no Centro Xove da Almáciga, e na Casa das Másquinas. Na presentación do programa, celebrada este venres, a concelleira de Mocidade, María Rozas, e as representantes de Ítaca cruzaron agradecementos de cara a unha edición “especial”, na que ademais se producirá unha substitución xeracional. Sara Vieites, quen estivo á fronte da iniciativa ata agora, daralle a substitución a Carme García e Carme Giráldez.

PROGRAMA

Nesta edición, e con motivo do décimo aniversario do programa, cambiouse o ‘modus operandi’ habitual e, no canto de recoller propostas novas, as actividades que se van desenvolver son algunhas das que máis éxito tiveron ao longo da última década.

As primeiras actividades, programadas para o xoves 2 de outubro, serán un taller sobre os usos da ortiga, que xa se fixo en 2023, e outro para a elaboración de faixas por Palestina, realizado en 2020. Ao día seguinte, repetirase un taller de 2017 para a elaboración de pan para quen non sabe amasar e unha ruta polas pegadas do modernismo en Santiago, xa realizada en 2021. A partir de aí, a programación inclúe ata novembro outros interesantes talleres como os de ‘stencil’, bordado, cociña con conservas e cosmética natural. Haberá tamén diferentes rutas por Compostela, con temáticas concretas como a pegada do medievo ou as mulleres na historia de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...