InicioSOCIEDADEA USC adapta o seu regulamento electoral á lei do sistema universitario...

A USC adapta o seu regulamento electoral á lei do sistema universitario ante o proceso de elección ao Reitorado

Luz verde a unha proposta complementaria para crear 25 prazas de profesor axudante doutor e outras dúas de profesor asociado para o Campus de Lugo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou este venres o acordo polo que se adapta o regulamento electoral xeneral da USC á Lei Orgánica do Sistema Universitario ante o proceso de elección de reitor ou reitora previsto para o primeiro terzo de 2026. Segundo informa nun comunicado, dado que os novos estatutos da USC están pendentes de aprobación e non é posible presentar neste momento unha reforma en profundidade do regulamento electoral xeneral da USC, realizouse unha modificación “puntual e transitoria” para adaptalo aos mandatos da lei do sistema universitario.

Deste xeito, queda establecido que as persoas candidatas deberán ser persoal docente e investigador permanente doutor a tempo completo, prestar servizos na USC e estar en posesión, como mínimo, de tres sexenios de investigación, tres quinquenios docentes e catro anos de experiencia de xestión universitaria nalgún cargo unipersonal, tal e como figura na disposición transitoria primeira da Lei orgánica. Outras modificacións do regulamento incumben á composición da Comisión Electoral Central, que estará composta por 12 membros da comunidade universitaria e presidida pola secretaria xeral da USC, e á actualización das novas categorías de persoal que existe no ámbito universitario.

PERSOAL

Aínda que na planificación de actuacións en materia de PDI para 2025 a USC prevía, a 31 de decembro, as baixas de 41 docentes, unha vez finalizado o curso académico, e xa con datos reais, a cifra final de baixas coñecidas ascende a 61. Así, o Consello de Goberno aprobou este venres unha proposta complementaria que “permita atender as novas necesidades”, de maneira que se crean 25 prazas de profesorado axudante doutor (15 para Santiago e 10 para Lugo), e outras dúas de profesor asociado para o Campus de Lugo.

Ademais, en materia de PDI aprobouse a asignación á área de coñecemento e servizo dunha praza de profesorado vinculado, os complementos por actividade investigadora de profesorado contratado (sexenios) e unha corrección de erros na proposta de complementos de recoñecemento de mérito docente de 2024. Pola súa banda, con respecto ao persoal investigador e coa pretensión de axilizar e adiantar no tempo o proceso, chegouse a un acordo polo que se regula a estabilización do persoal investigador de programas de recursos humanos con axudas do European Research Council (ERC). Ademais, ratificouse o acordo para o desenvolvemento do proceso extraordinario de encadre e acceso aos graos da carreira profesional horizontal no ámbito do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da USC.

INVESTIGADORES RAMÓN E CAJAL

Xa por último neste ámbito, deuse luz á proposta de incorporación de 18 investigadoras e investigadores Ramón e Cajal a 15 áreas de coñecemento da USC. A orde do día contemplaba outros asuntos que tamén contaron coa aprobación do Consello como cursos de estudos propios e memorias, regulamentos de fin de estudos ou os logos das cátedras institucionais Castelao, Otero Pedrayo e Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...