InicioECONOMÍASanmartín confirma que o Concello ultima as alegacións ao recurso contra a...

Sanmartín confirma que o Concello ultima as alegacións ao recurso contra a taxa turística

A rexedora insiste en que o imposto entrará en vigor o 1 de outubro salvo decisión xudicial en contra

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que a asesoría xurídica municipal está a rematar a elaboración das alegacións ao recurso presentado por Unión Hoteleira Compostela contra a implantación da taxa turística. O novo imposto aplicarase a partir do 1 de outubro ás estancias en aloxamentos da cidade.

Sanmartín explicou que a proposta de alegacións estará lista “entre este venres e o luns”, logo dunha reunión celebrada esta semana con representantes da entidade hoteleira para tratar cuestións técnicas.

A rexedora mantivo que o Concello seguirá adiante coa posta en marcha do imposto mentres non haxa unha resolución xudicial contraria. “É lóxico que así se faga”, afirmou, incidindo en que “non se entende este recurso, non é un imposto que se grave aos establecementos, é ás persoas que nos visitan”.

Segundo subliñou, trátase dunha contribución destinada a compensar o “sobreesforzo” que supón para a cidade o incremento de visitantes, especialmente en materia de limpeza e coidado do patrimonio. Lembrou tamén que os importes previstos “son moi modestos respecto doutros sitios, entre 1 e 2,5 euros por persoa e noite”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...