InicioPOLÍTICAVerea propón bonificacións aos alugueiros asequibles fronte á subida do IBI ás...

Verea propón bonificacións aos alugueiros asequibles fronte á subida do IBI ás vivendas baleiras

O líder do PP compostelán propón bonificacións para mobilizar vivendas baleiras, correccións na taxa do lixo e convoca á Comisión Aeroportuaria polo aeroporto Rosalía de Castro

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, realizou hoxe declaracións en RadioVoz ao fío do pleno de onte no que se trataron as ordenanzas fiscais e outros asuntos de actualidade municipal. Segundo explicou, solicitou sen éxito a votación diferenciada de varios puntos: “Pedín a votación diferenciada e non quixeron; pregunteille á alcaldesa e dixo que non”.

En materia de IBI e vivendas baleiras, Verea defendeu que non comparte que a solución pase por incrementar tributos ás propiedades desocupadas. No seu lugar, detallou cinco medidas que poría en marcha para mobilizar inmobles: bonificar o IBI aos propietarios que aluguen, subvencións á rehabilitación condicionadas a alugueiro a longo prazo e a prezo asequible, creación dun banco público de vivendaconverter baixos en vivendas en zonas como Conxo e Santa Marta e axilizar licenzas para rehabilitación de inmoble antigo. “Cremos que é máis eficaz premiar e incentivar que subir o IBI”, dixo.

Sobre a taxa do lixo, o popular rexeitou a proposta do executivo “polo fondo, pola forma e polo momento” e apostou por avanzar cara ao criterio de pago por xeración. Advertiu de que ligar a cota só ao valor catastral non garante unha distribución axustada dos custos: “Un piso grande no que vive unha persoa non xera o mesmo que un piso pequeno con catro estudantes”. Propuxo parámetros de corrección, como consumo de auga e padrón, e pediu revisar o impacto nas actividades económicas: “Non se pode cargar aos autónomos e empresas subas do 20% ou 30% sen correccións”.

No plano político, Verea interpretou o resultado das votacións recentes —coa ordenanza de residuos rexeitada e o pagamento de facturas do bus urbano desbloqueado— como síntoma dun acordo de gobernabilidade deteriorado entre BNG, Compostela Aberta e PSOE. “Non é a oposición quen tumba, hai un goberno descomposto que non é capaz de sacar as súas cousas adiante”, afirmou. Reiterou a súa oferta dun novo goberno sustentado nos grupos maioritarios mediante moción de censura: “En dez días podería haber un cambio de goberno se houbese acordo co Partido Socialista”.

A respecto do aeroporto Rosalía de Castro, o popular reclamou convocar a Comisión Aeroportuaria —e non só a Comisión Galega de Rutas— por contar con capacidade executiva sobre rutas e orzamentos. Ligou a perda de conexións coa situación laboral en Ryanair e advertiu dun impacto directo: “Santiago vai perder 200 empregos directos entre despedimentos e traslados”. Tamén se referiu á taxa turística, sinalando que a súa entrada en vigor dependerá dunha eventual medida cautelar xudicial e criticou a vontade de incrementar ingresos vía novos tributos: “Se non hai problema de cartos, non sei esa ansia de subir impostos”.

Finalmente, cuestionou a xestión das 29 novas licenzas de taxi, ás que atribuíu un retorno económico salientable para as arcas municipais, e pediu “humildade” ao executivo para calibrar que iniciativas contan con maioría suficiente antes de levalas a sesión plenaria. “A responsabilidade é de quen goberna e non é capaz de construír maiorías”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here