InicioMOV. SOCIAISProfesores galegos protestan no inicio do curso cunha folga de amplo seguimento...

Profesores galegos protestan no inicio do curso cunha folga de amplo seguimento segundo a CIG

O sindicato nacionalista cifra en máis do 60% a participación, fronte ao 14,8% que defende a Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

A volta ás aulas en Galicia arrancou este xoves marcada por unha xornada de folga convocada pola CIG e á que se sumou tamén o STEG, con chamadas a máis de 30.000 docentes de centros públicos. As cifras de seguimento dividiron a visión das partes: mentres que a CIG cualificou a resposta de “moi maioritaria”, situándoa por riba do 60%, a Consellería de Educación reduciuna ao 14,8%, asegurando que o curso comezou con “normalidade e sen incidencias”.

En Santiago, centos de persoas participaron na manifestación convocada polos sindicatos. A secretaria nacional de CIG Ensino, Laura Arroxo, salientou que “o profesorado de todas as etapas está unido” e asegurou que o paro fixo que “as actividades educativas non funcionasen con normalidade”. Pola súa banda, Comba Campoy, do STEG, destacou que “existe un sentimento de cansazo” e advertiu que “é probable que esta non sexa a última” mobilización.

A protesta tivo como eixos a denuncia dos recortes educativos, a falta de recursos na ensinanza rural e a reclamación de melloras laborais para o profesorado. Arroxo incidiu en que “os centros están asfixiados” e que en cada inicio de curso “téñense que mendigar máis profesorado”.

Desde a Xunta, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, atribuíu a folga á “liña estratéxica de confrontación” da CIG, un dos catro sindicatos con representación na mesa sectorial. Rodríguez subliñou que o Goberno galego traballa “da man dos outros sindicatos que asinaron o acordo” e defendeu que o sistema educativo galego “evolucionou moi en positivo” en calidade e equidade nos últimos anos.

A folga deixa aberto o escenario de novas mobilizacións no sector, nun inicio de curso no que os sindicatos advirten que non descartan máis paros se non se producen cambios nas políticas da consellería.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...