InicioSOCIEDADEInvestigadores da USC avanzan en biomarcadores sanguíneos para detectar o risco de...

Investigadores da USC avanzan en biomarcadores sanguíneos para detectar o risco de Alzheimer

O estudo identifica dúas proteínas con potencial para anticipar a enfermidade ata 15 anos antes dos síntomas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O persoal investigador do Instituto de Psicoloxía da USC e do IDIS, avanzaron na procura de biomarcadores en plasma sanguíneo para aumentar no coñecemento do risco de padecer a enfermidade de Alzheimer.

O principal obxectivo do seu estudo foi contribuír á caracterización clínico-biolóxica das etapas iniciais da deterioración cognitiva, mediante a medición de biomarcadores sanguíneos e neuroestructuras da enfermidade en grupos de persoas clasificadas segundo a súa fenotipo clínico cognitivo.

Así, do seis biomarcadores de proteínas alteradas analizados, o p-tau217 e o p-tau181 mostraron unha elevada capacidade de asociación, e confirmáronse como “os mellores candidatos para dispor en breve de biomarcadores en plasma, capacdes de identificar o risco de padecer esta enfermidade nun período que pode chegar aos 10 ou 15 anos antes de que se desenvolva”, segundo explicou o profesor Arturo X.Pereiro.

O traballo realizouse con participantes de Galicia do estudo longitudinal Compostela Aging Study (CompAs), que xa analizou tres cohortes con seguimentos de entre 5 e 7 anos cada unha. Este sería o primeiro estudo en España con marcadores deste tipo en maiores en eteapas presintomáticas da enfermidade, é dicir, cando aínda non se cumpren os criterios diagnósticos dunha demencia.

O grupo de investigación, liderado por Pereiro, Montse Zurrón, Fernando Díaz e Cristina Lojo (do grupo de investigación en Neurociencia Cognitiva e Psicogerontología do Instituto de Psicoloxía da USC) conta tamén coa colaboración doutros científicis da USC, do CiMUS e do IDIS.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Educación investiga un incidente no que un profesor agarrou polo pescozo a un alumno no CEIP Monte dos Postes

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Monte dos Postes,...

Turespaña defende que as obras no Hostal dos Reis Católicos seguen o Plan Director aprobado pola Xunta

Turespaña, responsable da xestión e conservación do Hostal dos Reis Católicos, lembrou que os...