InicioMOV. SOCIAISSumar Galicia pide á USC que renuncie a proxectos de investigación con...

Sumar Galicia pide á USC que renuncie a proxectos de investigación con Israel

A formación reclama que a universidade se declare 'universidade de paz' e abandone colaboracións en programas europeos

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, instou á Universidade de Santiago de Compostela a dar un paso simbólico e institucional ao declararse “universidade de paz” e a rachar os vínculos de investigación que manteña con entidades e empresas israelís no marco dos programas europeos.

Segundo datos achegados pola organización, as tres universidades galegas participan actualmente en 16 proxectos financiados polo programa Horizonte Europa xunto a institucións de Israel, cun orzamento conxunto próximo aos 100 millóns de euros. A petición de Sumar céntrase en que a USC, xunto coa UDC e a UVigo, renuncie a eses proxectos “nos termos acordados en cada convenio”, mesmo se isto supón unha saída unilateral.

López puxo como referencia a decisión anunciada esta semana pola Universidade do País Vasco (EHU), que comunicou a súa retirada de proxectos compartidos con universidades e centros asociados ao sionismo por un importe superior aos 247 millóns de euros.

“Queremos que tamén a USC asuma como prioridade institucional a denuncia activa do xenocidio que está vivindo o pobo palestino”, declarou o dirixente de Sumar. Ademais, reclamou que a universidade deseñe un plan de continxenciapara asegurar a continuidade dos postos de traballo dos grupos de investigación e a produción científica no caso de interromper esas colaboracións.

Por último, o movemento solicita ao reitor da USC que, de forma conxunta cos doutras universidades galegas, insta á Comisión Europea e ao Goberno de España a excluír universidades, centros de investigación e institucións israelís dos fondos destinados á cooperación científica, académica e cultural.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here