InicioSANTIAGOGalicia e Lazio avanzan na cooperación cultural cara ao Xacobeo 2027

Galicia e Lazio avanzan na cooperación cultural cara ao Xacobeo 2027

Merelles participou en Roma nun encontro institucional e inaugurou o congreso ‘Xubileo e xubileos’

Publicado o

Xornal de Compostela

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo este xoves en Roma unha reunión coa vicedirectora de gabinete do presidente de Lazio, Civita di Russo, acompañada pola responsable de Cultura da rexión, Silvia Chiave, e a conselleira de Cultura da Embaixada de Italia en España, Teodora Danisi. No encontro avaliaron as accións impulsadas ao abeiro do memorando de entendemento asinado en febreiro entre a Xunta e a Rexión de Lazio, e perfilaron novas colaboracións de cara ao Xacobeo 2027, como conferencias, exposicións e intercambios culturais.

Merelles convidou o presidente de Lazio a visitar Galicia con motivo do Ano Santo, e ambas partes abordaron a presentación conxunta do Camiño de Santiago e da Vía Francígena que terá lugar o 7 de outubro no Parlamento Europeo de Estrasburgo. Ademais, Di Russo amosou interese en que a súa entidade pase a formar parte da Federación Europea do Camiño de Santiago, presidida por Galicia.

Na capital italiana, Merelles inaugurou tamén o congreso Xubileo e xubileos. Arte, metas e ritos entre Roma e Santiago de Compostela, organizado pola Xunta, o Comité Internacional de Expertos no Camiño, o Goberno de España e a Università La Sapienza. Na súa intervención destacou “a relevancia que tiveron, ao longo da Historia, as peregrinacións a Roma e Santiago para a cultura europea” e defendeu a responsabilidade das institucións públicas de protexer este legado para as xeracións futuras.

O director lembrou que a Xunta traballa xa no próximo Ano Santo Compostelán de 2027 a través do Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027, e puxo en valor o crecemento do número de peregrinos: no que vai de ano, 412.722 persoas recolleron a Compostela, un 5% máis que en 2024, con predominio de camiñantes estranxeiros procedentes de Estados Unidos, Italia, Portugal e Alemaña.

O congreso desenvolverase ata mañá venres en Roma, cun programa de relatorios que analizan en paralelo o xubileo romano e o compostelán.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here