InicioCULTURAO Ateneo de Santiago organizou máis de 200 actividades no curso 2024-2025

O Ateneo de Santiago organizou máis de 200 actividades no curso 2024-2025

A entidade presentou o balance anual no seu local social, cunha ampla variedade de propostas culturais, sociais e divulgativas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago fixo público este xoves ás 12:00 a súa memoria de actividades da tempada 2024-2025, nun acto celebrado no local social da entidade. O documento recolle un total de máis de 200 actividades realizadas ao longo do curso, co obxectivo de dar conta do traballo desenvolvido e reforzar a transparencia.

A programación destacou pola súa diversidade temática. Nos Luns do Ateneo abordáronse cuestións de literatura, historia, pensamento contemporáneo e divulgación científica. Tamén tiveron lugar encontros arredor da actualidade social e política, a IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), presentacións de libros, mesas redondas e exposicións.

No apartado musical, o Festival Ateneo Barroco avanzou cara á súa séptima edición, con colaboracións de intérpretes galegos e internacionais. Ademais, a entidade mantivo en marcha a plataforma Radio Ateneo Podcast, os encontros do Seminario Europa, o Club de Lectura, as clases de meditación, roteiros e visitas culturais. O Cineclub Ateneo programou dous ciclos, un centrado no cinema galego e outro no francés, e celebrouse o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti.

Segundo destacou a entidade, todas estas propostas gozaron dunha boa acollida por parte do público, tanto socios como asistentes ocasionais. O balance presentado reafirma o papel do Ateneo de Santiago, declarado de utilidade pública desde 2012, como espazo de encontro, debate cultural e cidadán na cidade.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here