InicioSANTIAGOA IV Edición da camiñada Santiago de Compostela contra o cancro será...

A IV Edición da camiñada Santiago de Compostela contra o cancro será o día 27 de setembro

O vicepresidente provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Carlos Lamora, reforzou a invitación a todos os interesados en participar no percorrido de 5 quilómetros durante unha rolda de prensa na sede da asociación en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Española Contra o Cancro convocou este martes á cidadanía a participar na cuarta edición da camiñada ‘Santiago de Compostela Contra o Cancro’, o día 27 deste mes, a partir das 10.00 horas, na Alameda compostelá.

O vicepresidente provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Carlos Lamora, reforzou a invitación a todos os interesados en participar no percorrido de 5 quilómetros durante unha rolda de prensa na sede da asociación en Santiago.

“O obxectivo é visibilizar a asociación e ofertar todos os nosos servizos que son gratuítos e, ademais, que toda a veciñanza decátese da importancia da investigación”, explicou Lamora. Tamén destacou o labor de 2.300 investigadores que reciben apoio da asociación en 146 centros en España.

Tamén asistiu ao acto a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen instou a que as administracións unan forzas para combater a enfermidade. Ademais, recalcou os datos achegados pola asociación sobre a incidencia de cancro na sociedade.

A administración local, galega e estatal, todos teñen que estar en colaboración.(…) É que os datos son estremecedores: un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres terá cancro. Pero temos que ver a parte positiva: coñeceremos a estas persoas, estaremos con elas e elas terán unha longa vida”, afirmou a alcaldesa.

Así mesmo, Sanmartín asegurou que desde o concello seguirán dando apoio e comprometidos coa causa. “Santiago de Compostela tamén é un concello solidario, unha cidade que sempre está, e que todo o mundo veña o día 27”, finalizou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...