InicioSOCIEDADEO transporte urbano de Santiago insiste en que non se lles informou...

O transporte urbano de Santiago insiste en que non se lles informou do atraso no pago de nóminas e ameaza con folga

Non foi ata o día 5 (data habitual de límite de cobro) en que se comezou a correr a voz de que non ían pagar e esa confirmación veu pola prensa, explican

Publicado o

Xornal de Compostela

Sindicatos do transporte urbano de Santiago (Tralusa, Aulusa-Santiago e Aulusa-Teo) emitiron un comunicado para insistir en que non se lles informou do atraso no pago das nóminas e advertiron de que, se non se efectúan os pagos o día 5, convocarán folgas os días 6 de cada mes. O comunicado chega para “aclarar” a desinformación ao redor do atraso no pago da nómina de agosto.

Alegan que as empresas, todas do grupo Monbus, “en ningún momento informaron os traballadores nin aos seus representantes legais de que non tiñan intención de abonar a nómina do mes de agosto”. Non foi ata o día 5 (data habitual de límite de cobro) en que se comezou a correr a voz de que non ían pagar e esa confirmación veu pola prensa, explican. “Claramente, Monbus quería provocar esta situación e empregar aos traballadores para defender os seus propios intereses diante do concello”, denuncian.

Non entenden que unha situación deste calibre non se comunique previamente e se convoque unha reunión para o efecto, “feito que non se produciu aínda a día de hoxe”. Apuntan que foi a representación sindical quen tivo que confirmar telefonicamente a intención de Monbus de esperar a que o concello lle fixese o ingreso. “O noso salario debía de estar garantido e non depender do xogo político de maiorías e minorías que se dea no concello e menos dos intereses particulares da empresa que, en cada momento, fágase cargo do servizo. Non entendemos como se xoga así co noso pan”, denuncian.

Relatan que ante esta situación, a representación legal dirixiuse ao concello para coñecer a situación de primeira man. O domingo 7 o concelleiro de mobilidade confirma telefonicamente que o pago das facturas de 2025 aprobaríase na Xunta de Goberno do día seguinte. Ese mesmo luns recibe a representantes legais dos traballadores onde confirma a aprobación do pago a Monbus de tes millóns de euros, que se faría efectivo nos días seguintes. O mércores 10 confirman que se emitiu a factura e que, cos trámites formais dos informes de Facenda, contaban que o ingreso se faría efectivo nesta semana. Como isto non foi así, continúan no comunicado, foi presentada unha denuncia a Inspección de Traballo polo atraso inxustificado no pago da nómina.

Avanzan que a representación legal dos traballadores solicitará agora unha reunión coa empresa, con carácter urxente, para que dea explicacións desta situación de atrasos nos pagos que consideramos extremadamente grave e cal é a súa intención de cara ao futuro, “tendo en conta que acaba de recibir o ingreso de tres millóns de euros”. Ademais, solicitarán unha reunión con todos os grupos con representación municipal para coñecer a súa posición diante deste asunto e que expliquen “con claridade” a súa posición de voto no pleno a respecto do resto cantidades pendentes. 

Explican que decidiron non convocar folga polo momento porque “entenden que co ingreso do tres millóns de euros a nómina tiña que estar garantida”, pero advirten de que “velarán porque Monbus pague as sucesivas nóminas, polo que se comunicará unha convocatoria de folga a partir do día 6 de cada mes se o día 5 non está abonada a nómina ao persoal”. Da mesma maneira, o persoal acordou deixar de realizar horas extras no caso de nova falta de pagamentos. Por último, instan o Concello a que axilice o máximo posible e dea “máxima prioridade” ao novo contrato do transporte urbano.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...