InicioSANTIAGOBRIÓNO Pleno de Brión solicita de novo á Xunta a declaración da...

O Pleno de Brión solicita de novo á Xunta a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico

O acordo contou co apoio unánime da corporación e incorpora novas probas documentais para xustificar o arraigo e a singularidade da celebración

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno Municipal de Brión aprobou este mediodía por unanimidade reiterar a solicitude á Xunta de Galicia para que a Romaría de Santa Minia sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. O acordo reproduce o adoptado en abril de 2024, mais nesta ocasión incorpora unha memoria explicativa ampliada coa intención de reforzar a xustificación do arraigo e da singularidade da celebración.

No anterior proceso, a comisión avaliadora da Xunta concluíra que non quedaba acreditado de maneira suficiente o vínculo da romaría coa veciñanza nin a súa especificidade. Para dar resposta a estas observacións, o Concello sumou documentación complementaria ao informe histórico elaborado por Clodio González, membro da Real Academia Galega. Entre o material achegado figuran máis de 1.200 sinaturas de veciños e veciñas de Brión, recollidas en decembro en cinco días, así como fotografías, libros, recursos gráficos e audiovisuais que amosan a continuidade da festa ao longo do tempo.

Tamén se incorporaron informes adicionais, como o do párroco de Brión, José Luís Dorelle Iglesias, que destacou que a devoción a Santa Minia naceu no século XIX do impulso da comunidade laica brionesa, sen depender estritamente da xerarquía eclesiástica. A memoria inclúe ademais novas imaxes de grupos veciñais participando na romaría desde comezos do século XX, co obxectivo de evidenciar o seu carácter popular.

OUTROS ASUNTOS DO PLENO

A sesión desenvolveuse con celeridade e apenas debate. A corporación aprobou por unanimidade a actualización dun 1,87% da taxa polo saneamento e depuración de augas, porcentaxe equivalente ao 85% do IPC interanual e que se aplica desde a sinatura do convenio de prestación do servizo en 2012.

Por outra banda, foi rexeitada unha moción do BNG sobre a vaga de lumes forestais do pasado mes de agosto. O texto obtivo dous votos a favor (BNG), cinco abstencións (PSOE) e tres en contra (PP). A voceira municipal, Sandy Cebral, explicou que o Goberno local comparte a preocupación polas consecuencias dos incendios mais considerou que “o Parlamento de Galicia é o foro de debate axeitado, non os concellos”.

Desde o grupo popular, a súa portavoz insistiu en que “a Xunta respondeu e continúa respondendo”, citando como exemplo as medidas aprobadas no Parlamento e a concesión das primeiras axudas ás persoas afectadas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here