InicioPOLÍTICAO PP reclama a reposición da marquesiña de Santa Isabel e melloras...

O PP reclama a reposición da marquesiña de Santa Isabel e melloras nas paradas de bus

Adrián Villa critica a demora do goberno local en restituír a estrutura retirada hai nove meses tras un accidente

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, instou ao executivo municipal do BNG a repoñer a marquesiña da rúa Morón, situada diante do Complexo Deportivo Santa Isabel, que foi retirada hai nove meses logo dun accidente de tráfico. O edil considera que “non é de recibo que se tarde máis de medio ano en repor unha marquesiña, sobre todo pola súa proximidade ao polideportivo e pola recollida de escolares e veciños da contorna”.

Segundo os populares, é comprensible que a estrutura fose retirada no momento do sinistro polos danos sufridos, mais cuestionan a demora na reposición. Villa advertiu de que a necesidade é urxente ante o inminente comezo do curso escolar e a chegada do outono, cando resulta esencial dispor dun espazo para resgardarse da choiva mentres se agarda polo autobús.

O edil aproveitou tamén para reclamar un mellor mantemento das marquesiñas existentes na cidade, ao detectar “danos en cristais e estruturas, ademais de deficiencias na limpeza”. Engadiu que existen paradas que levan anos solicitando este tipo de instalacións, o que considera “unha débeda histórica coa veciñanza que agarda o autobús sen contar con protección fronte ás inclemencias do tempo”.

Por outra banda, Villa volveu pór sobre a mesa a situación da parada de autobús da rúa do Hórreo, próxima á estación Intermodal, dende onde sae a liña 6A cara ao aeroporto da Lavacolla. Segundo explicou, trátase dunha das paradas con maior demanda e só dispón dunha marquesiña que “sempre está ateigada de xente”.

“Non é de recibo que o BNG dea as costas a veciños, visitantes e persoas doutros concellos limítrofes”, subliñou Villa, quen lembrou que as solicitudes para ampliar esta infraestrutura xa foron reiteradas en numerosas ocasións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here