InicioCULTURAZahara actuará en Santiago no ciclo 'Momentos Alhambra Acustiquísimos'

Zahara actuará en Santiago no ciclo ‘Momentos Alhambra Acustiquísimos’

As entradas para o concerto, previsto o 22 de novembro no San Francisco Hotel Monumento, estarán dispoñibles desde mañá ás 11:00 en Ataquilla.com

Publicado o

Xornal de Compostela

Zahara, unha das artistas máis recoñecidas da escena musical española, protagonizará en Santiago de Compostela unha das citas destacadas do ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos deste 2025. O concerto terá lugar o sábado 22 de novembro, ás 21:30, no Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento, un espazo singular no que a cantautora presentará un directo en formato acústico e íntimo.

As entradas para esta actuación sairán á venda mañá luns, 8 de setembro, a partir das 11:00 horas a través da plataforma Ataquilla.com.

No escenario compostelán, Zahara ofrecerá un espectáculo en solitario, acompañada unicamente das súas guitarras, pedais, piano e percusións. O concerto está concibido como unha experiencia inmersiva na que a artista alterna momentos de profunda intimidade con pasaxes máis épicas, logrando unha posta en escena técnicamente complexa e emocionalmente intensa.

O ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos, que celebra este ano a súa oitava edición, propón concertos de pequeno formato en espazos singulares de catro cidades galegas. A proposta destaca pola proximidade co público e a calidade sonora das actuacións, nas que tamén participa a gastronomía galega a través de tapas elaboradas por cociñeiros convidados.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

A Cidade da Cultura acada 120.000 participantes no primeiro semestre e marca o seu mellor arranque anual

A Cidade da Cultura de Galicia acadou no primeiro semestre de 2026 o mellor...

O Son do Camiño baixa o pano tras reunir 125.000 persoas nunha edición atravesada polo debate sobre os fondos de investimento

O Son do Camiño pechou na madrugada deste domingo unha nova edición no Monte...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here