InicioCULTURAAs escolas A Semente inician o curso con 120 crianzas matriculadas

As escolas A Semente inician o curso con 120 crianzas matriculadas

A rede comunitaria con cinco centros en Galicia aposta pola renovación pedagóxica, o multilingüismo e novas actividades extraescolares

Publicado o

Xornal de Compostela

As Escolas de Ensino Galego ‘A Semente’ comezan o novo curso escolar o 8 de setembro con 120 crianzas matriculadas nos diferentes centros que a entidade ten na Coruña, Compostela, Lugo, Trasancos e Vigo. O proxecto, nacido hai catorce anos en Santiago como iniciativa comunitaria para ofrecer un ensino inmersivo en galego desde a primeira infancia, continúa a medrar e consolidarse.

A apertura do curso foi precedida dunha semana de preparación iniciada o 1 de setembro, con actualización pedagóxica das educadoras e traballos de mellora nas instalacións, co obxectivo de garantir un servizo educativo de calidade e un espazo acolledor para o alumnado.

Entre as novidades do período académico 2025-2026 destaca unha aposta pola renovación pedagóxica, resultado dun proceso de formación intensiva das educadoras e de reflexión da comisión pedagóxica nacional. Outro dos eixes será o multilingüismo aditivo, que promove a aprendizaxe doutras linguas mantendo a centralidade do galego como lingua vehicular e reforzando tanto a competencia comunicativa como a autoestima cultural das crianzas. Neste marco, publicouse recentemente unha Guía Sociolingüística para Familias, destinada a ofrecer recursos prácticos para o uso e prestixio da lingua galega no ámbito doméstico.

O proxecto incrementa tamén a súa dimensión comunitaria cunha ampliación das actividades extraescolares, entre as que se inclúen danza tradicional, pandeireta, gaita, tamboril, regueifa, fútbol gaélico e teatro. Ademais, o programa Ultreia intensificará a organización de acampamentos educativos para crianzas e adolescentes, combinando lecer, deporte e identidade cultural.

No ámbito social, ‘A Semente’ reforza o seu programa de bolsas para familias con menos recursos, co fin de garantir a equidade e que ningunha crianza quede fóra por motivos económicos.

Con máis de medio milleiro de persoas socias e unha rede activa de familias e educadoras, ‘A Semente’ preséntase como un modelo educativo alternativo e comunitario, que busca contribuír á transmisión da lingua e da cultura galegas ao tempo que aposta por unha educación renovadora. O inicio deste curso confirma a súa vontade de ser, ademais dunha rede escolar, un proxecto social e cultural de futuro.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here