InicioPOLÍTICAGoretti cre que a Xunta "debe pilotar" o plan para os tres...

Goretti cre que a Xunta “debe pilotar” o plan para os tres aeroportos galegos, con Lavacolla como o central, tras os recortes en Ryanair

O goberno local cre que "pouco pode facer nas disputas" entre a aerolínea irlandesa e Aena e buscará que outras compañías se implanten en Lavacolla

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, considera que no caso de Galicia a Xunta “debe pilotar” o diálogo para alcanzar un pacto polos aeroportos galegos tras os recortes anunciados por Ryanair e que implican o peche da base compostelá e a eliminación dos voos en Vigo. En declaracións aos medios antes de participar no solemne acto de apertura do curso universitario no Pazo de Fonseca, a rexedora recoñeceu “preocupación” por esta mala noticia que supón “para o conxunto da poboación” o anuncio que fixo esta semana Ryanair.

Iso si, advertiu que o Concello “pouco pode facer nestas disputas” entre Ryanair e Aena. Aínda que a alcaldesa dixo estar disposta a “dialogar con todo o mundo”, puxo o foco en que as discrepancias ao redor das taxas aeroportuarias non son algo no que “poida influír de maneira clara” o goberno local. Neste contexto, Sanmartín fixo un chamamento a que “dunha vez por todas poida haber unha reunión” para impulsar os tres aeroportos galegos dentro dun plan no que o “central” e “internacional” sexa o de Santiago, pero que teña unha “complementariedade” cos da Coruña e Vigo. 

Se non, “ao final o aeroporto galego de referencia acaba estando fóra do país”, sinalou, en referencia ao do Porto. A alcaldesa tamén insistiu na idea de dialogar co sector e con outras compañías en aras de que “se implanten” no Aeroporto de Lavacolla Rosalía de Castro: “Estamos a conversar con elas, estamos a buscar posibilidades”. Así a todo, Sanmartín explicou que este problema, aínda que xa o “vían vir”, é “a medio e longo prazo” e que a Xunta debe “tomar as rendas” das reunións por ese plan estratéxico para os aeroportos galegos no que estea tamén implicado o Estado.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...