InicioMOV. SOCIAISCompostela canta Grândola Vila Morena

Compostela canta Grândola Vila Morena

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Máis dun centenar de persoas plantaron cara á choiva este xoves e reuníronse na compostelá Praza da Música para cantar a un tempo o ‘Grândola, Vila Morena’ e lembrar así o 50 aniversario da revolución dos Caraveis de Portugal.

A iniciativa enmárcase no programa de conmemoracioens que o Concello de Santiago desenvolve como homenaxe ao aniversario da revolta, movemento pacífico que puxo fin á ditadura salazarista e a volta da democracia no país luso.

O acto empezou puntual, sobre todo pola amenza constante unha choiva que se deixaba sentir por momentos. Asi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, subiu ao pequeno escenario montado ante o Auditorio de Galicia para presentar un acto co que, sinalou, homenaxéase e lembra a aqueles que loitaron “pacíficamente” por un país democrático. “A liberdade dos pobos, a camaradería, a fraternidade, esa mesma conexión, esas mesmas vibracións foron as que fixeron que puidese, neses momentos, ser unha realidade aquí o Grândola por primeira vez“, asegurou.

Visiblemente emocionada deu paso a Ramón Bermejo, encargado de guiar aos participantes na interpretación, ao berro ‘Viva a Revolución dos Cravos’, ‘Viva a liberdade dos pobos’ e ‘Viva ou 25 de abril sempre’. Así, a composición de José ‘Zeca’ Afonso volveu ser interpretada, pero esta vez por máis dun centenar de persoas, de todas as idades e entre as que se atopaban, entre outros, parte da Corporación local e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López.

Así se viviu o Grândola Vila Morena cantada polas santiaguesas reunidas na Praza da Música do Burgo das Nacións.

As fotografías sacadas polo Xornal de Compostela estarán dispoñibles na web proximamente.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here