InicioMOV. SOCIAISA CIG dá un mes á Consellaría para negociar melloras no ensino...

A CIG dá un mes á Consellaría para negociar melloras no ensino público

O sindicato anuncia mobilizacións en setembro en Compostela e advirte dun curso de forte conflito se non hai avances

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG-Ensino presentou esta semana a súa táboa reivindicativa á Consellaría de Educación, coa esixencia de abrir unha negociación no prazo dun mes. Entre as demandas inclúense a baixada inmediata de ratios en todas as etapas, a recuperación do horario lectivo previo aos recortes, un incremento de profesorado e especialistas para atender a diversidade e reforzos, así como a supresión de burocracia innecesaria e a dignificación da carreira docente, tamén no plano retributivo.

Nunha comparecencia celebrada en Compostela, a secretaria nacional do sindicato, Laura Arroxo, advertiu de que o curso arrinca “sen ningunha medida positiva” que reverta o deterioro das condicións laborais do profesorado nin a perda de calidade no ensino público. “Temos un profesorado literalmente queimado, con ratios de ata 200 estudantes, unha diversidade crecente nas aulas e unha burocracia que asfixia”, declarou, incidindo tamén en que Galicia conta “co peor horario lectivo de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial do Estado”.

Gráfico do orzamento da Xunta de Galicia en profesorado, conxelado dende os últimos 3 anos – CIG-Ensino

A campaña ‘Rectificar, Recuperar, Recoñecer’, xa iniciada en xuño, incluirá dúas primeiras mobilizacións no mes de setembro: unha manifestación nacional en Santiago o sábado 13, á que están chamadas familias, alumnado e colectivos sociais, e unha xornada de folga xeral o xoves 25, que culminará cunha protesta diante da Consellaría de Educación.

Arroxo denunciou que a Xunta “falsea datos” sobre persoal docente e que a única etapa na que houbo un incremento nos últimos anos foi a FP grazas a fondos europeos, mentres que en infantil, primaria e secundaria se pecharon unidades e se amortizaron xubilacións. Segundo explicou, os fondos europeos para inclusión educativa están a ser usados “para cubrir necesidades estruturais” e non para reforzar a atención á diversidade, o que cualificou de “fraude”.

O sindicato tamén puxo o foco no aumento das prazas con materias afíns, que obrigarán a profesorado de diferentes especialidades a impartir docencia fóra da súa formación específica. Ademais, criticou que unha parte relevante das prazas convocadas nas oposicións deste verán quedasen desertas, o que, ao seu xuízo, agrava a inestabilidade dos claustros.

Outros puntos sinalados pola CIG-Ensino foron a ausencia de medidas retributivas efectivas, a escaseza de especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, a falta dun Plan de Igualdade, a eliminación de recursos como a Rede de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar e as limitacións á autonomía pedagóxica dos centros.

O sindicato percorrerá máis de mil centros educativos galegos nas próximas semanas para celebrar asembleas co profesorado e recoller apoios ás mobilizacións. “A forza da mobilización reside na unidade do colectivo docente”, concluíu Arroxo, quen instou á comunidade educativa e á cidadanía a implicarse no conflito, lembrando que “do que pase nas aulas depende en gran medida o que pase na sociedade”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here