InicioDEPORTESA USC abre o curso deportivo cunha ampla programación de rutas de...

A USC abre o curso deportivo cunha ampla programación de rutas de sendeirismo

O calendario 2025-2026 inclúe roteiros en Compostela, Lugo, Ribeira Sacra, Ancares, O Courel e saídas especiais a Portugal e Picos de Europa

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) puxo en marcha este 1 de setembro o seu curso deportivo 2025-2026, que volve contar cunha extensa programación de sendeirismo aberta tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía. As persoas da categoría A (membros da USC e familiares directos) teñen prioridade de inscrición dende hoxe, mentres que o resto de interesados poderán matricularse a partir do 8 de setembro.

O calendario inclúe roteiros por Compostela e Lugo, saídas de carácter divulgativo en espazos de interese natural e cultural, e programas temáticos como Ribeira Sacra – Camiño do Monxe, Cumios (ascensións en Ancares e O Courel), Arqueoloxía (visitas a castros e xacementos) ou o Especial Aventura. Ademais, ofértanse rutas de varios días, como a prevista na Semana Santa en Naturtejo (Portugal) ou a viaxe de maio aos Picos de Europa.

Entre as primeiras citas destacan a visita ao Monte Pedroso en Compostela (24 de setembro), a ruta polo Río Sarela e o Observatorio Astronómico (8 de outubro) ou a saída á Ribeira Sacra – Camiño do Monxe I (11 de outubro). Na provincia de Lugo, programáronse roteiros polo Río Miño, polo Río Mera ou polos arredores de Friol e Castroverde.

RECOMENDACIÓNS

A USC lembra que para participar é necesario levar calzado específico de sendeirismo, roupa axeitada á climatoloxía, auga e comida para a xornada, ademais de seguir en todo momento as indicacións do equipo guía. As persoas interesadas nas saídas de varios días deberán acreditar experiencia previa ou contar co aval dun club de montaña.

A programación completa, con datas, requisitos e instrucións de inscrición, está dispoñible no web da Área Deportiva da USC. Segundo informa a institución, esta oferta “busca promover hábitos de vida saudable, coñecer o patrimonio natural e cultural galego e favorecer a convivencia entre participantes”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here